O BNG-AA APOSTARÁ POR QUE O PLENO RECUPERE COMPETENCIAS QUE AGORA RECAEN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O BNG-AA APOSTARÁ POR QUE O PLENO RECUPERE COMPETENCIAS QUE AGORA RECAEN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

IMG_1289A asamblea aberta celebrada onte acordou, cun 78% dos votos, que o BNG – AA non entrara a formar parte do goberno municipal de Lugo

“Esta decisión foi froito dun proceso de asembleas abertas con moitisima á xente e colectivos” afirmou Alexandre Penas

Lugo, 23 de xuño 2015. O responsable local de Lugo, Alexandre Penas, compareceu ante os medios de comunicación acompañado dos ediles electos do BNG – AA, Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, para dar conta da decisión tomada onte pola asamblea de non entrar a formar parte do goberno local de Lugo. “Esta decisión é o froito dun proceso de asembleas abertas con moitisima á xente e colectivos e dende logo esta liña de traballo vai ser a mesma durante todo este mandato” sinalou Penas.

Alexandre Penas explicou que na Asamblea Aberta un 78% dos asistentes decidiron non entrar a formar parte do goberno municipal no concello de Lugo solamente o 13% se manifestaron a favor e houbo un 9% de abstencións. Penas sinalou que “aínda que non formemos parte do goberno traballaremos construtivamente co goberno, aportando iniciativas que conecten coas demandas veciñais”.

Para o BNG-AA “estar dentro do goberno municipal non é garantía, nestes momentos e dadas as circunstancias, de facer máis por Lugo”. Penas afirmou que “seguiremos traballando cos veciños e veciñas con complicidade para levar a súa voz a esta institución e resolver os seus problemas reais”.

Un pleno con competencias

O BNG-AA apostará, de cara a este mandato, para que o Pleno recupere compentencias que agora ostenta a Xunta de Goberno e que, segundo explicou Alexandre Penas, “deberá recuperar o pleno dada a diversidade que os veciños e veciñas de Lugo lle otorgaron”. O responsable local do BNG referiuse á nova conformación da corporación municipal na que son 6 os grupos con representación e dixo que “o xeito de gobernar se ten que adaptar a esta nova circunstancia” e engadiu que “imos reivindicar que o pleno recupere competencias para unha maior democracia e un maior reflexo da pluralidade que os lucenses cos seus votos dixeronos o 24 de maio.”.

O BNG-AA APOSTARÁ POR QUE O PLENO RECUPERE COMPETENCIAS QUE AGORA RECAEN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL