O BNG-AA levará propostas á comisión de festas para facer un San Froilán de todas e todos

O BNG-AA levará propostas á comisión de festas para facer un San Froilán de todas e todos

Para Maite Ferreiro “defender que as festas do San Froilán sigan sendo o referente galego é responsabilidade de todas e todos”

Maite

Lugo, 12 de agosto, 2015. O BNG-Asembleas Abertas levará diversas propostas á vindeira comisión de festas porque segundo as palabras da representante nacionalista, a concelleira Maite Ferreiro “defender que as festas do San Froilán sigan sendo o referente galego é responsabilidade de todas e todos”. Para a comisión de festas que terá lugar este martes Maite Ferreiro prevé levar diversas propostas entre as que adiantou a de darlle un empuxe ao desfile de gando que terá lugar o primeiro día das festas “é importante darlle valor a este acto, posto que é unha posibilidade máis de que as nenas e nenos da zona urbana coñezan a vida do rural, algo que lamentablemente se está a perder” dicía a concelleira do BNG-AA, que informou de que van levar a proposta de que se conte con AGAMAC (asociación galega de maquinaria agrícola clásica) para que poida estar presente e enriquecer este acto.

Maite Ferreiro tamén adiantou que solicitará que se recupere a caseta de lactancia, que se poñía en colaboración ca asociación Bico de Leite, e que o ano pasado se deixou de facer, algo que sorprendeu a moitas veciñas e veciños de Lugo. Dende a organización nacionalista tamén afirmaron que volveran insistir en que os grupos de Lugo teñan oportunidade de participar das súas festas, algo que Maite Ferreiro xa defendeu na comisión anterior “Estaremos pendentes do que acontece cos grupos locais que queiran ter presenza no San Froilán, xa que para nós é unha cuestión irrenunciable”. Ferreiro tamén informou que non vai lembrar que se extenda a actividade a algúns barrios e que se busque dinamizar as rúas co asociacionismo lucense “é preciso que a sociedade de Lugo se sinta parte das festas, e para iso debemos de telos en conta á hora de deseñar a animación”.

Dende o BNG-Asembleas Abertas lembraron tamén de que na anterior comisión trasladaron a necesidade de potenciar o día do traxe tradicional, e prevén achegar propostas concretas nas vindeiras datas que fagan que a xente se anime a participar deste día.

O BNG-AA levará propostas á comisión de festas para facer un San Froilán de todas e todos