O BNG AA organizou unha charla sobre alternativas enerxéticas coa Cooperativa Nosa Enerxía
Un técnico da cooperativa Nosa Enerxía, adicada á comercialización de enerxía eléctrica, explicou este proxecto que é pioneiro en Galiza
Lugo, 26 de xaneiro de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas iniciou unha serie de charlas sobre alternativas enerxéticas para amosar diferentes proxectos que se están a levar a cabo neste país que supoñen unha alternativa ás grandes compañías eléctricas dixo Arroxo. Técnicos da Cooperativa Nosa Enerxía, achegáronse a Lugo para explicar cales son obxectivos desta iniciativa pioneira en Galiza.
A cooperativa está, neste momento, integrada por 150 cooperativistas e agardan superar, en breve, os máis de 1.000 beneficiarios deste xeito alternativo de comercialización e distribución enerxética. Nosa Enerxía certifica que a enerxía que comercializan procede unicamente de fontes renovables e reinvirte os seus beneficios en proxectos de xeneración enerxética sostible. Ademais a cooperativa ten como obxectivo destinar unha parte dos beneficios á loita contra a pobreza enerxética.
Arroxo lembrou que o xoves será tratada, no pleno do concello de Lugo, unha proposición do BNG Asambleas Abertas na que se insta ao goberno municipal a estudar a posibilidade de que o abastecemento enerxético do concello se faga a través dunha destas cooperativas.