O goberno municipal busca un regulamento de participación á medida dos seus afíns dixo Arroxo
O voceiro do BNG AA asegurou que o actual regulamento permite a participación de todo tipo de colectivos e a modificación que pretende o PSOE sería unha involución
Para o BNG Asembleas Abertas non se pode vetar a participación, usando a normativa, de plataformas e colectivos, que están a defender os intereses dos lucenses
Lugo, 29 de xaneiro de 2016. Rubén Arroxo acusou ao goberno municipal de tentar vetar, a través dunha modificación do regulamento, a participación de colectivos e plataformas por que buscan un regulamento de participación á medida dos seus afíns. Arroxo explicou que coa iniciativa que aprobada onte no pleno, grazas ao beneplácito do PP, somentes poderán intervir determinados grupos e quedarán fora plataformas, sindicatos e outros movementos sociais que tamén forman parte da sociedade en moitos casos son os que defenden con máis contundencia os intereses dos veciños e veciñas.
O voceiro do BNG Asembleas Abertas explicou que coa modificación do regulamento de participación que pretende o goberno municipal non terá cabida a intervención de colectivos como a plataforma Lugo cara ao Miño, as forzas sindicais, ou outras plataformas que no seu momento conseguiron cousas importantes como foi o caso da plataforma das Preferentes. Arroxo sinalou que estaremos atentos para evitar que a modificación constitúa unha involución no que é a participación neste concello.
Para o BNG AA o textos da mocións presentadas ao pleno neste senso eran absolutamente confusas e ningunha delas contemplaba a existencia dun regulamento de participación que habería que modificar en caso de querer avanzar nos mecanismos de participación veciñal. Arroxo sinalou que polo que vimos onte, as pretensións son de reducir e non de ampliar e concluíu con iso non imos estar dacordo.