60.000 litros de auga derramados aos pés dos lucenses, este é o fin da polémica pista de xeo
A edil do BNGAA criticou que para retirar a pista de xeo da pza. da Horta do Seminario se desconxelara vertendo a auga directamente á beirarrúa cando máis xente hai na rúa
Durante o día de hoxe un importante tramos da beirarrúa de Ramón Ferreiro permaneceu inundada coa auga e dificultou o paso de viandantes
Lugo, 1 de febreiro de 2016. Ante as queixas de varias persoas a edil do BNG Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, acudiu a comprobar por si mesma as condicións nas que se estaba producindo o desxeo e baleirado da pista de patinaxe situada na praza da Horta do Seminario. Toda a auga xerada polo desxeo da pista verteuse directamente e durante todo o día, á beirarrúa da Av. de Ramón Ferreiro pola que transitan centos de persoas. Ferreiro cuantificou en máis de 60.000 litros de auga derramados aos pés dos lucenses que por alí transitaron durante toda a xornada
A edil do BNGAA criticou que para retirar a pista de xeo da praza da Horta do Seminario se desconxelara vertendo a auga directamente á beirarrúa cando máis xente hai na rúa. Ferreiro lembrou a polémica relativa á instalación da pista e afirmou parece que as cousas non se poden facer peor explicando que ata a propia retirada da pista supón unha molestia para os lucenses. Durante o día de hoxe un importante tramos da beirarrúa de Ramón Ferreiro permaneceu inundada coa auga e dificultou o paso de viandantes.