RUBÉN ARROXO DIXO QUE “NO MODELO DE MOBILIDADE PARA LUGO AS BICICLETAS SON PARTE DA PAISAXE E NON TEMOS QUE CREAR CÁRCERES EN FORMA DE CARRIL-BICI”

O carril-bici é do século XX, no XXI hai que apostar pola convivencia nun tráfico calmado”

O pleno do concello de Lugo aprobou, en setembro, unha iniciativa do Colectivo Masa Crítica na que se contemplaba reducir a 30 km/h a velocidade nas rúas da cidade

O carril-bici é do século XX, no XXI hai que apostar pola convivencia nun tráfico calmado”

 

Lugo, 1 de febreiro de 2016. En relación á información aparecida nalgún medio de comunicación sobre un proxecto de creación de carrís-bici o voceiro do BNG-Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, afirmou que “o carril-bici é do século XX, no XXI hai que apostar pola convivencia nun modelo de tráfico calmado”. O voceiro do BNG-Asembleas Abertas indicou que “a día de hoxe non ten sentido executar obras en toda a cidade para encher Lugo de carrís-bici” xa que “esto suporía contrapoñer os espazos para as bicicletas cos espazos dos peóns e dos automóbilies” e engadiu “non se trata de aillar espazos se non de fomentar a súa convivencia”.

“Hai que investir os cartos en avanzar na peonalización pero non en crear infraestruturas que están obsoletas antes de construírse” sinalou Arroxo sobre os carrís-bici, aos que se referiu, e dixo “no modelo de mobilidade para Lugo as bicicletas son parte da paisaxe e non temos que crear cárceres en forma de carril-bici”. Trátase de optimizar os recursos e non investir cartos en proxectos de obras que “nunca se farán e, no caso de facerse, non mellorarán a vida das persoas”.

O pleno do concello de Lugo aprobou, en setembro, unha iniciativa do Colectivo Masa Crítica na que se contemplaba reducir a 30 km/h a velocidade nas rúas da cidade. Arroxo explicou que para que as bicicletas poidan circular pola cidade non é necesario crear carrís-bici “é suficiente calmar o tráfico dos coches e, en algunhas vías, pódense crear espazos seguros para os ciclistas con sinalización horizontal”. “O custo deste tipo de actuacións ten que ser mínimo” dixo Arroxo e engadiu “se non voltamos a facer infraestruturas pensando nos beneficios das construtoras e non na utilidade para as persoas”.

Aparcadoiros para bicicletas

Rubén Arroxo lembrou que a iniciativa aprobada polo pleno o pasado 24 de setembro tamén incluía a instalación, en varios puntos da cidade, de aparcadoiros de bicicletas e para a recuperación do sistema público de préstamo de bicicletas. Arroxo sinalou que “o goberno municipal, ata o de agora, non moveu un dedo para poñer os aparcadoiros nin para poñer a funcionar o sistema de préstamo, a pesares de que son intervencións relativamente baratas”.

O carril-bici é do século XX, no XXI hai que apostar pola convivencia nun tráfico calmado”