Rubén Arroxo contestoulle á alcaldesa con máis de medio cento de propostas para os orzamentos
Para o BNG Asembleas Abertas non é normal que dende o goberno municipal digan que non hai propostas cando fixemos máis dun cento dende o comezo do mandato
Rubén Arroxo rexistrou un escrito dirixido á alcaldía cunha listaxe de 72 propostas de actuación para incluir no orzamento municipal de 2016
Lugo, 2 de febreiro de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas cualificou de inexactas as declaracións da alcaldesa socialista nas que se acusaba aos grupos da oposición de non facer propostas para os orzamentos. Rubén Arroxo elaborou un listado con 72 propostas que dende o grupo municipal que representa se fixeron públicas dende o comenzo do mandato. É unha burla para os lucenses e un insulto á intelixencia decir que non hai orzamentos por que non hai propostas dos grupos da oposición sentenciou Arroxo e engadiu que con este escrito que presentamos por rexistro demostramos que a concelleira de economía e a alcaldesa non queren ver a realidade que invalida o seu discurso victimista.
Para o BNG Asembleas Abertas non é normal que dende o goberno municipal digan que non hai propostas cando fixemos máis dun cento dende o comezo do mandato e engadiu que en calquera caso é responsabilidade do goberno municipal presentar un proxecto de orzamentos. Rubén Arroxo rexistrou un escrito dirixido á alcaldía cunha listaxe de 72 propostas de actuación para incluír no orzamento municipal de 2016 simplemente é unha recompilación por escrito das iniciativas que levamos presentando dende o comezo deste mandato.
Dende o BNG é moi difícil poder traballar nuns orzamentos dos que non temos información clarificou Arroxo e dixo que e explicou que seguimos sen ter información sobre as inversións. Arroxo sinalou que trasládasenos que debemos ser os grupos quen fagamos as propostas e parece que o goberno está exento de traballar. Parece que o goberno non ten ningún proxecto para este concello e quere que sexamos os da oposición quen fagamos as propostas para despois moldealas eles dixo Rubén Arroxo que lembrou que os lucenses dixeron que tiñamos que ser seis grupos quen participemos neste concello e nós estamos dispostos a poñer o noso gran de area, por eso hoxe trasladamos esta recopilación de propostas para refrescarlle a memoría ao goberno.
Orzamentos pensados para avanzar nas privatizacións
Arroxo afirmou que coa pouca información que temos sobre os orzamentos o único que vemos é un desmantelamento do servizos municipais. Arroxo asegurou que no capítulo de persoal hai unha baixada de máis de medio millón de euros nos gastos de persoal, non vai haber aumento para defender os servizos públicos pero si aumento para incrementar as privatizacións. O voceiro do BNG-AA explicou que os orzamentos precisan un aumento da partida para o incremento salarial dos funcionarios marcado pola lei e o pago da paga extraordinaria do ano 2012 pero sen embargo o que vemos é unha baixada de 500.000 euros a respecto do pasado exercicio.