O BNG-AA propón instalar unha zona de xogo infantil na praza do Ferrol
Maite Ferreiro dixo que convertendo a praza do Ferrol nunha zona de tráfico calmado gañaremos unha zona máis para as persoas
Os nacionalistas levarán unha iniciativa ao vindeiro pleno da corporación
Lugo, 18 de xullo 2016. O BNG - AA presentará unha proposta, no vindeiro pleno da corporación, para a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol. A edil Maite Ferreiro lembrou que no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos. Ferreiro explicou que as poucas instalacións que hai son insufiencientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos.
Para o BNG Asembleas Abertas a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol totalmente asumible polo concello xa que trátase dunha inversión pequena que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade. Maite Ferreiro sinalou que a zona xa ten espazos de sombra e mobiliario urbán. Ademais a instalación de xogos para uso infantil melloraría a calidade do tempo que utilizan esta zona as nenas e nenos dos colexos existentes nas proximidades afirmou a edil nacionalista.
Trátase pois de asumindo poucos costes, convertrr a praza do Ferrol en zona de tráfico calmado con autorización de entrada unicamente para residentes e usuarios do centro médico que teñan que acceder co vehículo ata a entrada do centro sanitario. Maite Ferreiro dixo que convertendo a praza do Ferrol nunha zona de tráfico calmado gañaremos unha zona máis para as persoas