O BNG-AA propón liberar de tráfico a ronda o 30 de novembro
Os nacionalistas propñen celebrar o XV aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade pechando a ronda ao tráfico de vehículos a motor.
O goberno ten tempo suficiente para crear rutas alternativas para os coches e permitir que durante toda a xornada do 30 de novembro disfrutemos dunha ronda peonil sinalou Arroxo
Lugo, 29 de setembro de 2015. O BNG Asembleas Abertas propón celebrar o XV aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, o vindeiro 30 de novembro, pechando a ronda ao tráfico de vehículos a motor. Rubén Arroxo sinalou que é unha oportunidade excepcional para demostrar, unha vez máis, que Lugo non precisa ter a muralla rodeada por vehículos de xeito continuo e apostou por avanzar en liberar á muralla do tráfico de vehículos a motor. É a segunda oportunidade que ten o goberno municipal para amosar o seu compromiso por poñer, verdadeiramente, en valor a Lugo ao seu monumento máis emblemático.
O voceiro do BNG Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, xa presentara unha proposta para que o martes, 22 de setembro, se liberara a ronda da Muralla da circulación de vehículos a motor. Arroxo lembrou que o 22 de setembro foi o día internacional sen coches e sinalou que agora o goberno non se poderá escusar en que non lle deu tempo a crear rutas alternativas para o tráfico.
O voceiro do BNG Asambleas Abertas dixo que poucas cidades europeas se permiten ter un monumento. Patrimonio da Humanidade, de 2.000 anos de antigüidade rodeado por vehículos a motor. Para o BNG Asambleas abertas o proceso de peonalización ten que ser un proxecto de cidade no que todas e todos estemos implicados e apostemos con valentía polo futuro de Lugo.
Rubén Arroxo afirmou que con este xesto o goberno municipal ten a oportunidade de amosar o seu compromiso co avance na humanización efectiva da cidade e engadiu que non se debería perder esta oportunidade para comprobar, unha vez máis, como é posible que a ronda da Muralla sen converta nun espazo para as persoas.