O modelo de regulación de aparcamento non pode ser recadatorio como plantexa o PSOE afirmou Arroxo
O BNG Asembleas Abertas propón un sistema controlado de tempo limitado no que o estacionamento sexa gratuíto
Para os nacionalistas o control dos estacionamentos teñen que estar pensados para resolver problemas de tráfico e non para enriquecer á empresa adxudicataria de turno
Lugo, 25 de setembro de 2015. O BNG Asambleas Abertas rexeitou a continuidade do sistema ORA. Rubén Arroxo denunciou que enterámonos pola prensa das propostas que ten o goberno municipal e engadiu que o modelo de regulación de aparcamento non pode ser recadatorio como plantexa o PSOE. O modelo implantando polo BNG no concello de Pontevedra pode ser perfectamente trasladable a Lugo e esto suporía liberar ás arcas municipais dun importantísimo gasto, mellorar o sistema de control do aparcamento e rematar co gasto que lle supón aos veciños e veciñas estacionar en determinadas rúas.
Parece que o goberno municipal non quere oir o que lle están a pedir os veciños e veciñas de Lugo a través dos representantes que elixiron para formar a corporación municipal apuntou Rubén Arroxo e engadiu que iremos vendo como moitos colectivos e asociacións van ter un papel destacado en impulsar un cambio necesario na mobilidade de Lugo e o sistema de regulación do aparcamento forma parte dese novo plan de mobilidade.
Arroxo asegurou que o BNG Asembleas Abertas propón un sistema controlado de tempo limitado no que o estacionamento sexa gratuíto ademais sinalou que non nos parece positiva para ninguén unha expansión, a máis zonas da cidade, deste sistema recadatorio. Para os nacionalistas o control dos estacionamentos teñen que estar pensados para resolver problemas de tráfico e non para enriquecer á empresa adxudicataria de turno.