O día 101 do mandato foi “revelador” sobre as intencións do goberno en relación á participación

O día 101 do mandato foi “revelador” sobre as intencións do goberno en relación á participación

IMG_1841 Para o BNG – Asambleas Abertas a primeira centuria do mandato deixou claro cal vai ser o camiño deste goberno do PSOE que “nos leva cara atrás e non cara adiante”

Rubén Arroxo fixo un balance negativo das actuacións do goberno a pesar de recoñecer que “hai dous gobernos : un no que somentes se traballa para saír na foto e outro dos que traballan e non saen na foto”

Lugo, 22 de xullo 2015. Rubén Arroxo fixo hoxe un balance do que el denominou como “primeira centuria” deste mandato. O voceiro do BNG – Asambleas Abertas dixo que despois destes 101 días de goberno, e en relación ao funcionamento das diferentes áreas, “quedou marcado que existen dous gobernos: un no que somentes se traballa para saír na foto e outro dos que traballan e non saen na foto”.

Arroxo sinalou tamén que “o día 1 desta segunda centuria do mandato foi totalmente revelador por un acotencemento que vai marca un antes e un despois do que é estes concello de Lugo”. Arroxo criticou, unha vez máis, o veto a un colectivo que pediu participar, en base ao regulamento de participación cidadá no pleno deste xoves e afirmou que “esto vai en contra dos posicionamentos que defenderon todos os partidos políticos durante a campaña electoral”. Para o voceiro nacionalista “non é normal que os partidos políticos encheron o seu discurso de participación cidadá e agora, no primeiro intento dun colectivo de intervir no pleno, PP, PSOE e Lugonovo póñense dacordo para impedir a súa presenza”.

Rubén Arroxo lembrou o acordo de investidura do BNG – Asembleas Abertas co PSOE e citou literalmente o punto do acordo no que se facía referencia á participación nos órganos do concello na que se dicía: Non se vetará a participación e intervención de colectivos e entidades que, en tempo e forma, soliciten presentar iniciativas ante os diferentes órganos municipais. Arroxo apuntou que “xa non sabemos se o PSOE que goberna ten algo que ver co PSOE que estivo nas negociacións ou quedou nunha fotocopia mal impresa”.

Dialogo e participación

IMG_1827Rubén Arroxo utilizou o discurso de investidura da alcaldesa para amosar o contraste entre as súas palabras e a actuación do goberno nestes primeiros 100 días e lembrou a afirmación de Lara Méndez na que dixo que ía ser “nn goberno baseado no dialogo”, Rubén Arroxo lembrou o que aconteceu no mes de xuño, no pleno de organización, un pacto imposto por PP e PSOE no que o resto de grupos non puideron dicir nada. Arroxo sinalou como, naquela ocasión, tivemos que manter unha xuntanza de portavoces, en réxime de autoconvocatoria, a que no acudiron nin PP, nin PSOE.

Emprego

O BNG – Asembleas Abertas é crítico coa falta de iniciativa, durante este periodo, para poñer en marcha plans de promoción do emprego para, como dixo a alcaldesa no seu discurso, “dar unha resposta ás 8.296 persoas paradas”. Arroxo sinalou que non se iniciara ningún plan, nin se puxera en marcha ningunha iniciativa “para acabar co esta lacra que arrastras aos nosos mozos ao exilio”.

 

Turismo

En relación á promoción turística non houbo ningunha actuación para aproveitar o feito de que o camiño Primitivo e a Muralla son patrimonio da humanidade. Arroxo lembrou que “non se atendeu para nada a proposta aprobada no pleno do pasado mes de xullo para defender e fortalecer o Camiño Primitivo”. O BNG – Asembleas Abertas considera que se está a perder unha oportunidade para dar Lugo a coñecer no resto do estado e do mundo. O goberno municipal non fixo nada para materializar o acordo unánime da corporación do pasado mes de xullo no que se aprobou levar a cabo un plan de defensa e posta en valor do Camiño Primitivo.

Benestar

“Temos que seguir aumentando o benestar, esta foi a frase que utilizou na súa investidura a alcaldesa na súa investidura” afirmou Arroxo que criticou a total parálise das políticas en servizos sociais e o abandono de zonas como é o caso de Lamas de Prado. O pleno da corporación aprobara no mes de marzo unha proposta do BNG na que se instaba ao goberno a acometer un plan integral de intervención dos servizos sociais na zona de Lamas de Prado.

Igualdade

“A conciliación ten que ser política transversal”. O voceiro do BNG – Asambleas Abertas cualificou esta expresión da alcaldesa como “un mero slogan”. Para os nacionalistas é sorprendente que dende o ano 2014 non fora convocado o Foro de Igualdade a pesar do cambio na conformación corporación.

O día 101 do mandato foi “revelador” sobre as intencións do goberno en relación á participación