O BNG Asambleas Abertas pide unha maior atención para A Croa
Veciños e veciñas da zona demandan unha maior limpeza e control da vexetación expontánea ademais dunha adaptación das beirarrúas para mellorar a accesibilidade
Lugo, 21 de xullo 2015. Concelleiros do BNG Asembleas Abertas visitaron A Croa, onde veciños e veciñas demandaron a súa presenza para reivindicar unha maior atención para o barrio. Os nacionalistas presentaron un escrito dirixido á alcaldesa para que se tomen medidas en canto á limpeza, control da vexetación espontánea e mellora da mobilidade no barrio.
Un das necesidades máis urxentes a solucionar é que as persoas do barrio que teñen que desprazarse en cadeira de rodas poidan acceder ás beirarrúas sen dificultade. O BNG Asembleas Abertas propón que se tomen as medidas necesarias e que se fagan os rebaixes necesarios para facilitar a mobilidade.
Neste momento tanto as beirarrúas como algúns predios da Croa están cheos de vexetación que incrementa considerablemente a suciedade da zona. Ademais a ramaxe dalgunhas árbores pode resultar perigosa nos días de moito vento polo perigo de desprendemento enriba de persoas ou vehículos. Ademais os nacionalistas reclama que se mellore a limpeza da zona.