O BNG APOIA A MOBILIZACIÓN DOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO VINDEIRO SÁBADO

O BNG APOIA A MOBILIZACIÓN DOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO VINDEIRO SÁBADO

Antón Bao lembrou que se estima en 903 millóns de euros o importe das participacións preferenes de NCG-Banco

A manifestacion, en Lugo, reunirá a afectados polas preferentes de toda Galiza

LUGO, 13 de decembro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego manifestou hoxe, a través do seu voceiro no concello de Lugo, o seu apoio á mobilización que o colectivo de persoas afectadas pola participacións preferentes levarán a cabo este sábado 15 de decembro. Antón Bao amosou a súa solidariedade con estas persoas e cos demais afectados e lembrou as numerosas iniciativas que o BNG tiña plantexado en diferentes ámbitos institucionais. Bao concretou que durante este ano foran 3 as iniciativas plantexadas no pleno do concello de Lugo. Bao fixo tamén referencia a iniciativas dos nacionalistas sobre a lei de caixas e sobre a creación dunha banca pública galega para evitar este tipo de roubos aos aforradores.

Antón Bao dixo que o futuro da entidade NCG –Banco está “absolutamente no aire” e cualificou de preocupante a situación das 2.000 persoas, traballadores de NCG –Banco, que probablemente quedarán na rúa e tamén de todos os afectados polas participacións preferentes e subordinadas, que probablemente perderán unha parte importante dos seus aforros. O voceiro do BNG indicou que “se estima nuns 903 millóns de euros o importe das participacións preferentes de NCG - Banco”. Bao lembrou que “foi o propio Banco de España o que advertiu que os titulares de participacións preferentes somentes poderán recuperar entre un 30% e un 70 % dos seus aforros”.

A manifestación deste sábado, en Lugo, partirá ás 11:00 horas da ronda da muralla, diante do edificio administrativo da Xunta, e están convocados a participar nela todos os colectivos que agrupan a persoas afectadas de toda Galiza. A manifestación celebrarase simultaneamente coas de outras cidades do estado español como: Sevilla, Cáceres, Valencia e Madrid.

 

Corte de voz - ANTÓN BAO

 

O BNG APOIA A MOBILIZACIÓN DOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DO VINDEIRO SÁBADO