O BNG-ASAMBLEAS ABERTAS FARÁ UN PLAN ESPECIAL DE ATENCIÓN AOS BARRIOS
Rubén Arroxo sinalou que non se trata solo de recoller o lixo hai que facer actuacións adaptadas ás necesidades de cada barrio
O candidato do BNG Asambleas abertas sinalou que para nos o importante é atender ás persoas que viven no centro e nos barrios, nos non temos interés nas grandes obras
Lugo, 11 de maio 2015. Nunha visita ao barrio Feixoo o candidato do BNG Asambleas Abertas anunciou un Plan Especial de Atención aos Barrios. Arroxo fixo fincapé na necesidade de manter as dotacións públicas que teñen os barrios e tamén de coidar a limpeza dos mesmos. Non se trata solo de recoller o lixo hai que facer actuacións adaptadas ás necesidades de cada barrio sinalou Rubén Arroxo.
Rubén Arroxo explicou que dentro do Plan Especial de Atención aos Barrios farase un mantemento de bancos e papeleiras, efectuarasse o desbrozado da maleza que invade as beirarrúas, arranxaranse os desperfectos nos bordillos, haberá mantemento das marquesiñas e tamén se planificarán programas de desratización onde sexa preciso. Outras das intervencións anunciadas por Arroxo foi a especial atención ao mantemento e limpeza das áreas de xogo infantil e a supresión de barreiras arquitectónicas.
Para a candidatura do BNG Asambleas Abertas os barrios periféricos teñen que ter as atencións necesarias. Arroxo dixo que pódense facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das persoas e engadiu que se investen demasiados cartos nas grandes obras e nas empresas adxudicatarias do que foron servizos municipais pero non hai preocupación por resolver o que de verdade lles preocupa a veciños e veciñas.