“TEMOS PROXECTOS PARA TODOS OS EFICIOS BALEIROS QUE HAI EN LUGO”

“TEMOS PROXECTOS PARA TODOS OS EFICIOS BALEIROS QUE HAI EN LUGO”

IMG_0268 A candidatura do BNG – Asambleas Abertas presentou, diante do edificio do cuartel de San Fernando, as súas alternativas para os edificios públicos que hai abandoados en Lugo

En referencia ás outras administracións, o candidato do BNG – Asambleas abertas sinalou que “reclamaremos que se cumpra con Lugo”

Lugo, 12 de maio 2015. O BNG – Asembleas Abertas anunciou hoxe, por boca do candidato á alcaldía Rubén Arroxo, que “temos elaborado proxectos para todos e cada un dos edificios baleiros que hai no noso concello que dependenden das administracións públicas, coa finalidade de darlles uso e contido. Solicitaremos de xeito claro a outras administracións que cumpran os seus compromisos con Lugo”. Arroxo referiuse, en primeiro lugar, ao lugar onde se realizou o acto e lembrou que “Orozco plegouse ao PP e abandonou a posbilidade de que Lugo conte cun museo da romanización, para el é suficiente con matar as goteiras”.

Rubén Arroxo lembrou como en Lugo contamos con multitude de edificios “aos que non queren ou non saben sacar partido”. “Temos os edificios da antiga Residencia, o Cuartel de San Fernando, a depuradora vella de augas residuais, a Fábrica da Luz, a Potabilizadora – Elevadora de Augas, o antigo edificio do Matadoiro e a Biblioteca da Piringalla”, sinalou. Durante a tarde, os nacionalistas, tiveron expostas fotografías destes edificios de titularidade pública que están dentro do concello de Lugo e que van camiño da ruina.

Arroxo dixo que, ademais dos proxectos xa coñecidos do BNG para a antiga Residencia ou o Cuartel de San Fernando, imos poñer en marcha iniciativas para recuperar outros edificios. Arroxo dixo que o antigo matadoiro pode aloxar almacéns e servizos municipais que agora mesmo ocupan, no parque de Frigsa, o que poderían ser locais destinados ao tecido asociativo.

IMG_0254Rubén Arroxo tamén lanzou iniciativas para as estacións potabilizadora e a depuradora de augas residuais que destinarán a iniciativas medioambientais e de caracter deportivo respectivamente. Arroxo dixo que “a antiga estación potabilizadora e elevadora de augas é o sitio perfecto para acoller un centro de interpretación do río miño e de protección da flora e da fauna” e o candidato á alcaldía engadiu que “para a antiga depuradora de augas residuais podería acoller un centro de promoción de deportes alternativos e de natureza”.

En relación á Fábrica da Luz, Arroxo dixo que haberá que estudar en que situación se atopa todo o material e as obras que alí se fixeron para avaliar a viabilidade daquel proxecto, abandoado polo PSOE, no que tantos cartos públicos se investiron. Arroxo referiuse tamén á necesidade de rematar a biblioteca da Piringalla.

“TEMOS PROXECTOS PARA TODOS OS EFICIOS BALEIROS QUE HAI EN LUGO”