HAI QUE ADAPTAR A OFERTA EDUCATIVA Á REALIDADE DA CIDADE DIXO ARROXO
O candidato do BNG Asambleas Abertas o PP degrada os centros públicos en benificio dos centros privado-concertados que engordan as súas matrículas e o seu negocio
Rubén Arroxo apoiou as reivindicacións das asociacións de nais e pais e dixo que estivemos, estamos e estaremos á carón de que busca o mellor para os seus fillos dentro dun sistema público e igualitario
Lugo, 12 de maio 2015. O concello de Lugo defenderá ante calquera administración ás persoas que vivimos en Lugo para ter un ensino e unha sanidade pública e de calidade afirmou Rubén Arroxo. O BNG Asambleas Abertas leva anos traballando en defensa do ensino e da sanidade pública e o seu candidato en Lugo dixo hoxe que utilizaremos as institucións para defender ás persoas de Lugo das políticas discriminatorias e privatizadoras do partido popular.
Arroxo referiuse ao abandono que o goberno da Xunta ten que Lugo e sinalou que "se trata dunha cuestión ideolóxica tendente á privatización tanto da sanidade como do ensino". Para o BNG - Asambleas Abertas "o PP negase a reformoular a zonificación dos centros escolares da cidade de Lugo por que con esto favorece aos centros privados". Para Rubén Arroxo resulta soprendente que o PP, que aprobou nun PXOM pensado para unha cidade de 300mil persoas, non se enterará que a distribución poboacional mudou e que hai que adaptar a oferta educativa á realidade da cidade.
O candidato do BNG Asambleas Abertas o PP degrada os centros públicos en benificio dos centros privado-concertados que engordan as súas matrículas e o seu negocio. Rubén Arroxo apoiou as reivindicacións das asociacións de nais e pais e dixo que estivemos, estamos e estaremos á carón de que busca o mellor para os seus fillos dentro dun sistema público e igualitario. Arroxo fixo estas declaración durante unha visita ao barrio de Lamas de Prado e sinalou que non é normal que se envie a estudar á Piringalla a chavales que viven na zona de Augas Férreas.