O BNG-Asembleas Abertas propón a colaboración e a participación como a bandeira do San Froilán
Para Maite Ferreiro Propoñemos que o sector hostaleiro colabore de forma voluntaria economicamente no San Froilán
Lugo, 5 de agosto, 2015. O BNG - Asembleas Abertas pediu na Comisión Municipal de Festas de hoxe que o sector hostaleiro poida apoiar de forma voluntaria nas festas do San Froilán xa que segundo o grupo nacionalista unha colaboración simbólica económica deste sector, permitiría un ingresos a maiores para reforzar o San Froilán. En palabras da representante nacionalista na comisión de festas, Maite Ferreiro Propoñemos que o sector hostaleiro colabore de forma voluntaria economicamente no San Froilán, para reforzar as festas e con isto continuar no medre de Lugo como lugar turístico. A concelleira do BNG-Asembleas Abertas tamén lle pediu publicamente aos bares e restaurantes do casco histórico que manteñan as tapas nos días festivos, Lugo é un reclamo tamén polas súas tapas, non ten xeito que cando máis xente ben se retiren, lembrando que en anos anteriores se retiraron algo que causou malestar non so a turistas senón á propia xente de Lugo.
Por outra banda dende a organización nacionalista volveron incidir na necesidade de contar cos grupos de Lugo para que poidan ter presenza no San Froilán seguimos reivindicando que os grupos locais que o desexen poidan actuar nas súas festas. Tamén nesta liña, Maite Ferreiro propuxo contar cas asociacións de Lugo para dinamizar as rúas durante o día queremos que dar un paseo a calquera hora do día poida ser acompañado con música, actuacións teatrais ou outras expresións artísticas da xente da nosa cidade.
Finalmente dende o BNG-Asembleas Abertas apostaron, tal e como dixeron en datas pasadas, por expoñer os valores da cultura tradicional galega nestas festas. Nese sentido Maite Ferreiro propuxo na comisión reforzar o desfile de Gando para que as nenas e nenos coñezan mellor o noso rural incluíndo o desfile de maquinaria agrícola en colaboración con AGAMAC. Tamén dende as filas nacionalistas remarcaron a importancia de buscar fórmulas para animar ás veciñas e veciños de Lugo a seren partícipes do día do traxe tradicional.