O BNG CRITICA A CONTRATACIÓN, PARA O SAN FROILÁN, DESTA ARTISTA ESPAÑOLA VENCELLADA AO FRANQUISMO

O BNG CRITICA A CONTRATACIÓN, PARA O SAN FROILÁN, DESTA ARTISTA ESPAÑOLA VENCELLADA AO FRANQUISMO

Charo Reina deixouse fotografar vestida co uniforme falanxe, participou en actos de apoio a Blás Piñar e pronunciou frases como “la violencia es legítima cuando se ofende a Dios y a la Patria ”

Antón Bao lamenta que o PSOE “non coide este tipo de cuestións” e pregúntalle ao PP se, neste caso, “tamén consideran que se están a politizar as festas”

Lugo, 2 de setembro de 2013. A contratación da artista española, Charo Reina, para as festas do San Froilán supón para o BNG un despropósito debido ás relacións desta intérprete co réxime franquista. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, lamentou que “o goberno municipal, en mans do PSOE, non coide este tipo de cuestións á hora de elaborar o programa de festas”. A inclusión desta cantante no programa de festas supuxo, tamén, as críticas de colectivos culturais lucenses. Bao referiuse, tamén, ás críticas verquidas dende o PP nos últimos anos, cando o BNG tivo responsabilidades de goberno e na organización do San Froilán, e dixo que “haberá que ver se agora tamén consideran que se están a politizar as festas.

Bao lembrou que para a organización das festas deste ano foi contratado un xerente que é o que está a tomar a maior parte das decisións en canto ás contratacións artísticas. Para esta asistencia técnica foi contratado unha persoa que xa fora cargo de confianza do PSOE no anterior mandato e destináronse preto de 10.000 € para 3 meses de traballo.

 

O BNG CRITICA A CONTRATACIÓN, PARA O SAN FROILÁN, DESTA ARTISTA ESPAÑOLA VENCELLADA AO FRANQUISMO