O BNG ESIXE QUE SE EXECUTEN AS MELLORAS PREVISTAS PARA O BARRIO DE GALEGOS

O BNG ESIXE QUE SE EXECUTEN AS MELLORAS PREVISTAS PARA O BARRIO DE GALEGOS

A concelleira Paz Abraira sinalou que "esta obra é necesaria para garantir a  seguridade das persoas que transitan a pe por este vial"

A obra foi adxudicada no mes de decembro de 2012 e aínda non comenzou a executarse

LUGO, 12 de xaneiro de 2013. A edil nacionalista no concello de Lugo, Paz Abraira, visitou o barrio de Galegos para comprobar o estado do vial que atravesa esta zona da cidade cara o novo hospital. Estaba previsto que se acometerán obras de sinalización horizontal e vertical para mellorar a seguridade de conductores e transeúntes. Segundo informou Abraira "ademais estaba proxectada a instalación dunha rella metálica sobre a cuneta que bordea a rúa para incrementar a anchura da calzada protexendo a peóns e vehículos de caídas accidentais". O BNG esíxelle ao goberno municipal a inmediata execución destas obras previstas para esta zona.

Paz Abraira insistiu en que "á vista da cantidade de vehículos que están a circular por este barrio cara o novo hospital é urxente e necesaria a execución destas obras de sinalización para garantir a seguridade dos residentes e dos que por alí transitan". Estas obras xa  foran adxudicadas no mes de decembro do pasado ano, sendo Paz Abraira a concelleira responsable de infraestructuras, antes da saída do BNG do goberno municipal. As obras para mellorar a transitabilidade e seguridade da rúa que atravesa o barrio de Galegos, dende Carlos Azcárraga ata o novo hospital son necesarias e para o BNG "non é de recibo que se continúen retrasando unhas obras tan necesarias que xa están adxudicadas"

Estas obras foron reclamadas polos veciños e residentes da zona dende hai moito tempo e segundo informou Paz Abraira "a execución destas obras fora xa un compromiso do BNG para a aprobación dos orzamentos municipais do ano 2011 e foran tratadas en pleno coa aprobación por parte de todos os grupos".

O BNG ESIXE QUE SE EXECUTEN AS MELLORAS PREVISTAS PARA O BARRIO DE GALEGOS