O BNG LEVOU AO PARLAMENTO GALEGO O ERTE DE CEMENTOS OURAL
A factoría de Oural podería perder os dereitos de produción no ano 2014 se non se pon fin a esta situación
Para o BNG é fundamental preservar a única fábrica de cemento existente na Galiza
SANTIAGO, 13 de novembro de 2013. Cosme Pombo, en representación do BNG, levou ao Parlamento Galego unha batería de preguntas sobre a actúal situación da factoría de cementos de Oural. Os nacionalistas dirixíronse por segunda vez, en sede parlamentaria, ao Conselleiro de Industria para solicitarlle a súa implicación no mantemento da única cementeira existente en Galiza. Nesta ocasión Cosme Pombo dirixiuse a conselleiro por mor da aplicación do novo ERTE de extinción que pretende deixar sen emprego aos 21 traballadores que actualmente mantén a empresa na factoría de Oural e implicaría o peche da mesma.
O BNG entende que a Xunta de Galiza ten que evitar o despido destes últimos 21 traballadores e garantir a continuación da actividade na factoría que Cementos Cosmos S.A. ten en Oural (Sarria). O Grupo Parlamentar do BNG, por considerar fundamental o mantemento da actividade da Fábrica de Oural, reclamou da Xunta de Galiza actuacións urxentes para garantiren a continuidade da mesma e o seu nivel de produción máxima para poder seguir amparando os postos de traballo.
O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, lembroulle ao conselleiro que a empresa presentou un ERTE o día 6 de novembro, por falla de suministro de caliza e esta a falla de subministro veu provocada pola orden de paralización dos traballos da Canteira de Vilavella ditada pola alcaldesa de Triacastrela. Para Cosme Pombo o PP ten na súa man desbloquear esta situación ben dende o goberno da Xunta, ben dende o concello de Triacastrela.
O BNG pulará, segundo Cosme Pombo, pola retirada do ERTE por entender que significaría o peche definitivo da fábrica CEMENTOS COSMOS. Os 21 traballadores afectados polo ERTE serían despedidos até o 31 de Xaneiro de 2015. Para o BNG esta situación representa unha lesión grave para os dereitos socio-laborais dos traballadores.
Perda do dereito a producir no ano 2014.
O BNG urxe á Xunta de Galiza a buscar unha saída a esta situación dado que, segundo explicou Cosme Pombo, si non se pon en funcionamento a empresa, si non se moe caliza e clinquer, si non se produce unha cantidade de cemento necesaria a empresa perderá o dereito a producir no 2014. Unha parada deste tipo implica o deterioro da maquinaria e as infraestructuras de producción do Única Cementeira "Galega" que queda por salvar. Poderanse perder os dereitos de emisións, previstos no protocolo de Kioto, e poderase perder o dereito a producir da propia factoría. Poderase perder o dereito a interrumpibilidade (dereito a unha enerxía eléctrica co precio máis competitivo). Poderase perder o dereito a producir Cemento Galego coa Caliza de Triacastela.