VIOLENCIAS SILENCIADAS FOI O TÍTULO DA CHARLA ORGANIZADA POLO BNG EN LUGO

VIOLENCIAS SILENCIADAS FOI O TÍTULO DA CHARLA ORGANIZADA POLO BNG EN LUGO

Os micromachismos centraron este encontro celebrado co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

LUGO, 12 de novembro de 2013. O BNG organizou unha charla co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o vindeiro 25 de novembro, baixo o título Violencias Silenciadas. A charla centrouse fundamentalmente nos micromachismos que, segundo a poñente son “considerados menos graves e aceptados pola maior parte da sociedade”. Un dos problemas da perpetuación destes micromachismos reside en que son moitas as mulleres que non os recoñecen. Estes micromachismo están estendidos a todos os eidos e clases sociais.

Para o BNG compre manter vivo o sentido da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero xa que, a pesares de que a igualdade avanzou a niveis de normativa, falta moito por facer nas relacións cotiáns entre homes e mulleres. Outra das cuestións preocupantes para o BNG é a regresión que se está a producir en temas de igualdade debido a situación de crise que estamos a vivir. Unha crise que, para o BNG, se está a cebar máis nas IMG_1647mulleres xa que son as principais agraviadas polo incremento do paro, os baixos salarios, as baixas pensións, etc...

Unha das maiores preocupacións para o BNG son as políticas de xénero que se están aplicar dende o goberno do estado e da Xunta. Un bo exemplo é o sistema de reconto de vítimas da violencia de xénero imposto polo PP no que para que unha muller sexa considerada vítima de violencia de xénero ten que estar hospitalizada máis de 24 horas. Para o BNG o goberno está falsear as IMG_1660estadísticas e a ocultar datos co fin de trasladar á opinión pública que o número de vítimas está a diminuír baseando esta afirmación en que decrece o número de denuncias nos últimos anos. En Galiza, dende 2009 redúcense cada ano as denuncias en números absolutos de 6.068 en 2009, a 5.153 en 2011, a 4.788 en 2013. Así, o ratio de denuncias presentadas por cada 10.000 mulleres en Galiza sitúase no 33.29%, o segundo máis baixo do Estado español, só superado por Castela-León co 32.16%.”

VIOLENCIAS SILENCIADAS FOI O TÍTULO DA CHARLA ORGANIZADA POLO BNG EN LUGO