A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN, CRISTINA LÓPEZ, AFIRMOU QUE "DADO O ÉXITO ACADADO, CONTINUAREMOS CO PROXECTO PARA VISIBILIZAR TODAS AS PARROQUIAS DE LUGO"

Cristina López comeza unha rolda de visita ás parroquias protagonistas do calendario elaborado dende o Arquivo do Concello para o ano 2025

A nova edición "A terra entre as mans II", recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade

A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "dado o éxito acadado, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo"

López xuntouse hoxe coa veciñanza de Ombreiro a quen entregou as primeiras copias do calendario 2025

Cristina López comeza unha rolda de visita ás parroquias protagonistas do calendario elaborado dende o Arquivo do Concello para o ano 2025

 

 

Lugo, 24 de xaneiro de 2025.  A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, achegouse ata Ombreiro onde se xuntou coa veciñanza para entregar o calendario de 2025 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo. 

A edil de Participación comeza deste xeito unha rolda de visitas ás distintas parroquias que forman parte do proxecto, "un gran éxito cada ano que nos fai manter un serio compromiso para visibilizar o rural de Lugo e  súa historia".

López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".

Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.

 

Cristina López comeza unha rolda de visita ás parroquias protagonistas do calendario elaborado dende o Arquivo do Concello para o ano 2025