A ÁREA DE CULTURA SUMARÁ NOVIDADES QUE AÍNDA CONTINÚAN A SER ORGANIZADAS, AUMENTANDO A OFERTA CULTURAL DO FUXAN OS VENTOS, QUE CONVIVIRÁ COA PROGRAMACIÓN XA ANUNCIADA PARA O AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE

Maite Ferreiro anuncia as primeiras 22 actividades para o 1º semestre de 2024 no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos


A edil anunciou que "traemos unha programación diversa con artistas lucenses e artistas de fóra"

A área de Cultura sumará novidades que aínda continúan a ser organizadas, aumentando a oferta cultural do Fuxan os Ventos, que convivirá coa programación xa anunciada para o Auditorio Municipal Gustavo Freire

Nomes como Abraham Cupeiro, Álvaro Casares, Leo Harlem ou Luís Piedrahita compartirán espazo no Fuixan os Ventos co tecido cultural lucense

Maite Ferreiro anuncia as primeiras 22 actividades para o 1º semestre de 2024 no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos



Lugo, 13 de xaneiro de 2025. A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, confirmou as primeiras 22 actividades que terán lugar no auditorio municipal Fuxan os Ventos. Ferreiro afirmou que se trata dunha programación "ampla e diversa, con agrupacións de Lugo e artistas de fóra, que colaborará para ampliar a intensa programación cultural de Lugo".

Nomes como Abraham Cupeiro, Álvaro Casares, Leo Harlem ou Luís Piedrahita compartirán espazo no Fuixan os Ventos co tecido cultural lucense, con actividades confirmadas de Achádego Teatro, Banda Filharmónica ou Palimoco Teatro.

Ferreiro lembrou que Fuxan os Ventos dará tamén un concerto no auditorio ao que dan nome, como "homenaxe a un dos grupos musicais galegos máis importantes nos últimos anos, e celebración do seu 50 aniversario, celebrado en 2022"

Ferreiro afirmou que "Fuxan os Ventos é un dos grupos musicais galegos máis importantes nas últimas décadas", e engadiu "para o Concello de Lugo é unha honra contar cun auditorio co seu nome, despois de acoller tamén o seu nacemento no ano 1972".

Programación Auditorio Municipal Fuxan os Ventos

18 de xaneiro. Banda Filharmónica Conceto "Volven os 80´s".
25 de xaneiro. Conservatorio de música Xoan Montes. Concerto  Orquesta+Coro+Solistas.
28 de xaneiro. Gala Benéfica Conservatorio de danza a favor da Asociación contra o cancro.
1 de febreiro. Concerto presentación disco Orixe de Airiños de Orbazai.
8 de febreiro. Concerto Conservatorio de música Xoan Montes.
15 de febreiro. Sala pequena. Actuación Achádego teatro.
21 de febreiro. Actuación Álvaro Casares.
22 de febreiro. Sala Pequena. Actuación teatral Asociación Down Lugo.
6 de marzo. Actuación Leo Harlem.
7 de marzo. Sala pequena. Actuación Hipócrita teatro.
22 de marzo. Actuación Cántigas e frores.
5 de abril. Sala Pequena. Actuación Palimoquiños.
11 de abril. "Go Home" de Etiqueta Negra Producións.
24 de abril. Concurso Coreográfico Conservatorio de danza.
26 de abril. Encontro de Conservatorios de danza.
1 de maio. Actuación de David Cepo.
8, 9 e 10 de maio. Encontro de danza USC.
16 de maio. Concerto Abraham Cupeiro.
22, 23, 24 de maio. Lugo máxico.
30 de maio. Festival de música Cidade de Lugo.
31 de maio. Festival de música Cidade de Lugo.
20 de setembro. Actuación Luis Piedrahita.

Maite Ferreiro anuncia as primeiras 22 actividades para o 1º semestre de 2024 no Auditorio Municipal Fuxan os Ventos