ELVIRA LOMBAO: "O PATRIMONIO E A CULTURA SON LEGADOS QUE RECIBIMOS DO PASADO E QUE FORMA PARTE DO CONXUNTO DE BENS QUE SON DIGNOS DE PRESERVARSE"

O BNG de Outeiro de Rei entrega á veciñanza uns calendarios para denunciar o abandono que a nivel patrimonial sufre este concello

Elvira Lombao: "O patrimonio e a cultura son legados que recibimos do pasado e que forma parte do conxunto de bens que son dignos de preservarse

O BNG de Outeiro de Rei entrega á veciñanza uns calendarios para denunciar o abandono que a nivel patrimonial sufre este concello




 

Outeiro de Rei13 de xaneiro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Outeiro de Rei ven de presentar uns calendarios, non só para felicitar o ano á veciñanza, senón tamén para que se coñeza un patrimonio material que esta a punto de desaparecer, o nalgún caso xa desapareceu como é a Cruz do Albardeiro de Maúnfe ou outros que estan a piques de desaparecer como é a Pontella da Insua do Maiordomo en Taboi, unha pontella única por contar con unha porta de paso e cun alpendre e de seguido a ponte propiamente dita , trátase pois dunha construción singular e cunha tipoloxía única na contorna. Este calendario esta feito en base a todo o traballo de recollida que ten feito Orlando Viveiro sobre o concello de Outeiro de Rei.

Elvira Lombao, concelleira do BNG en Outeiro de Rei "O patrimonio e a cultura son legados que recibimos do pasado e que forma parte do conxunto de bens que son dignos de preservarse". E non só temos patrimonio histórico senón tamén patrimonio natural que dende o concello se debe facer todo o posible por conservar pero tamén poñer en valor para deleite da veciñanza e visitantes. Neste concello temos exemplos suficientes que merecen estas actuacións mais neste calendario só aparecen uns poucos.

falta de un plan especifico de protección dos elementos patrimoniais e a desidia da equipa de goberno actual teñen producido numerosos atentados patrimoniais. Podemos falar do deterioro das torres de Sobrada e Taboi ou da capela románico-gotica da nosa Sra. De Bravos en Vicinte como algúns deses exemplos.

"Ademais queremos deixar constancia da falta de querencia do Sr. Alcalde ao noso patrimonio e o pouco que lle importa a perda deste" relata Lombao. Temos un exemplo clarísimo na desaparición dunha porta medieval única no noso concello que é unha peza dun extraordinario valor patrimonial e que dende que se iniciaron as obras do centro de día en 2023 nada se sabe dela, a pesares de que no proxecto do mesmo se fala de que dita porta permanecera no mesmo lugar.

Neste calendario aparecen fotos tamén de palleiras, fontes,pombais e tamén fornos de cocer o barro en Bonxe. "Queremos poñer en valor o noso patrimonio e que a nosa veciñanza o coñeza e así tamén o poida valorar", conclúe Elvira Lombao

O BNG de Outeiro de Rei entrega á veciñanza uns calendarios para denunciar o abandono que a nivel patrimonial sufre este concello