A DEPUTADA DO BNG, ROSANA PÉREZ, SOLICITARÁLLE A FOMENTO O DESDOBLAMENTO DA RONDA NORTE

A DEPUTADA DO BNG, ROSANA PÉREZ, SOLICITARÁLLE A FOMENTO O DESDOBLAMENTO DA RONDA NORTE

 A Deputada do BNG dixo  que "a execución desta infraestrutura precisa dun orzamento cativo xa que son apenas 3 km de vial"

A Ronda Norte daría servizo a dúas das dotacións máis importantes, neste momento, da cidade de Lugo, como son, o polígono das Gándaras e o novo Hospital de Lugo

LUGO, 09 de novembro de 2013. A deputada nacionalista no congreso dos deputados Rosana Pérez, que visitou a cidade de Lugo, anunciou que o BNG instará ao goberno do Estado a executar as obras necesarias para o desdobramento da Ronda Norte. Rosana Pérez, que estivo acompañada da edil Paz Abraira, sinalou que o desdobramento da Ronda Norte “é unha das infraestruturas máis necesarias para Lugo e a súa comarca que quedan abandonadas unha vez máis nos orzamentos do estado para o 2014”. A deputada do BNG pedirá tamén que, ademais das obras necesarias para o desdobramento da vía, se acometa a correspondente dotación de alumeado.

A Ronda Norte constitúe unha vía esencial para o desenvolvemento da cidade xa que enlaza a A-6 co polígono das Gándaras e coa Ronda Este que é un dos accesos ao novo hospital e a edil Paz Abraira asegurou que “esta vía daría servizo a dúas das dotacións máis importantes, neste momento, da cidade de Lugo como son o polígono das Gándaras e o novo Hospital de Lugo”. Ademais para o BNG esta infraestrutura é necesaria para o desenvolvemento do polígono das Gándaras que “comenza a ter actividade e implantación de empresas”.IMG_1227

A deputada do BNG, Rosana Pérez, sinalou que “a execución desta infraestrutura precisa dun orzamento cativo xa que son apenas 3 km de vial e non ten un custo excesivo en relación ao tráfico que soporta”. Rosana Pérez engadiu que “con esto queda claro que o estado, unha vez máis, esquéncese de Lugo”. Pérez dixo que “o BNG seguirá insistindo en que esta infraestrutura se leve a cabo por que é unha necesidade para Lugo”.

A DEPUTADA DO BNG, ROSANA PÉREZ, SOLICITARÁLLE A FOMENTO O DESDOBLAMENTO DA RONDA NORTE