CONCENTRACIÓN, DIANTE DO HULA, DA INICIATIVA GALEGA POLA GRATUIDADE DA SANIDADE
Unhas 300 persoas participaron nesta mobilización convocada pola Inciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade
A plataforma ten convocada unha manifestación para o vindeiro 17 de novembro en Santiago de Compostela
LUGO, 08 de novembro de 2013. Cargos orgánicos e institucionais do Bloque Nacionalista Galego participaron na concentración para reivindicar unha sanidade pública, universal e gratuita. A concentración, na que participaron a redor de 300 persoas, tivo lugar diante do Hospital Universitario Lucus Augusti e foi promovida pola Inciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade. Con esta acción os nacionalistas materializan o seu apoio a esta campaña que está impulsada por colectivos sanitarios, sindicatos, forzas políticas e colexos profesionais vencellados á sanidade.
Para o BNG está claro que progresivamente os gobernos do PP van implantado a normativa necesaria para desmantelar a Sanidade Pública, reducindo a carteira de servizos gratuítos e incorporando medidas de repago. A responsábel comarcal do BNG acusou ao PP de aplicar estas medidas para facer da saúde unha mercadoría coa que lucran as empresas a conta das persoas. Esther López, responsábel comarcal do BNG en Lugo, dixo que non debe haber nin unha soa persoa morta por falta de recursos e que parece que a esto é ao que nos abocan as decesións do PP nos goberno da Xunta e do Estado.
O Ministerio de Sanidade ven de ditar unha resolución pola que se determina que os tratamentos que se proporcionan nos centros hospitalarios van a ter un repago dun 10% sobre o seu custo. Terán que asumir o pago deste 10% todas as persoas ás que, por prescrici
ón facultativa, se vexan na obriga de continuar con tratamentos médicos como é o caso das que teñen tratamentos para enfermidades crónicas.
Manifestación en Compostela
A campaña terá continuidade cunha manifestación o 17 de novembro en Santiago de Compostela. Esta campaña, apoiada polo BNG, prentende mobilizar á sociedade para loitar por que se garanta unha sanidade universal, pública, gratuíta e de calidade.