O BNG PIDE A MELLORA DA SEGURIDADE PARA VIANDANTES NAS INMEDIACIÓNS DOS CENTROS ESCOLARES
Paz Abraira dixo que o concello debe vixiar especialmente as condicións nas que se atopan as beirarrúas polas que transitan escolares
Ademais de pedir a creación de itinerarios escolares o BNG xa ten denunciado a invasión da maleza nas proximidades do colexo de Albeiros e agora advirten do perigo de derribo dun muro preto da gardería municipal Serra de Outes e do CEIP Menéndez Pelaio
LUGO, 07 de novembro de 2013. O BNG solicítalle ao goberno municipal que faga unha especial vixiancia da seguridade para os viandantes nas inmediacións dos centro escolares e das garderías. A edil Paz Abraira denunciou, nesta ocasión, a existencia dun muro que corre un serio perigo de derrubo sobre a beirarrúa nas inmediacións da gardería municipal Serra de Outes e do CEIP Menéndez Pelaio. De feito, tal e como explicou a edil nacionalista, xa son moitas as pedras caídas do muro que neste momento ocupan a beirarrúa.
Paz Abraira sinalou que nais e pais de ámbolos centros advertíronlle ao BNG da existencia deste risco de derrubamento que pode por en perigo ás persoas que por alí transitan diariamente. Segundo Abraira son moitas as nenas e nenos que pasan, a diario, a carón deste muro que está nun precario estado de conservación e pode caer en calquera momento.
O BNG xa denunciara, en meses pasados, o exceso de maleza que invade
as aceras nas inmediacións do CEIP de Albeiros que dificultan o tránsito dos escolares na zona. Ademais o BNG ten plantexado, en numerosas ocasións, a creación de itinerarios escolares para incrementar a seguridade das nenas e nenos que camiñan cara os centros escolares.