O BNG PRESENTARÁ EMENDAS Á ORCA
Entre as emendas os nacionalistas estudarán incorporar algunhas das suxeridas pola asociación de hosteleiros relativas a distancias, instalación de terrazas, e períodos de adaptación á norma
O BNG está a manter xuntanzas con diversos colectivos e agrupacións para analizar as afectacións que tería a proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica que plantexa o goberno municipal
LUGO, 06 de novembro de 2013. O BNG está a manter unha rolda de xuntanzas con diversas agrupacións e colectivos para analizar as afectacións que tería a proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica que plantexa o goberno municipal. No día de hoxe concelleiros do BNG reunironse coa Asociación Lugo Monumental e achegáronse ao local Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría para coñecer o posicionamento deste colectivo empresarial sobre o documento elaborado polo goberno do concello de Lugo. Os nacionalistas trasladáronlles aos dirixentes da APEHL as cuestións que aparecen reflectidas nesta proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica e que poden resultar máis polémicas á hora de acadar un consenso para a súa aprobación definitiva.
Abraira anunciou que o BNG estudará a posibilidade de incorporar, entre as alegacións que vai presentar, algunhas das suxeridas na xuntanza de hoxe con representantes dos hostaleiros e comerciantes. Para Abraira compre estudar catro aspectos desta normativa que poden resultar pouco controvertidos. A edil nacionalista referiuse ao apartado da norma que regula as distancias entre establecementos e que para determinadas zonas da cidade non é acaído pola configuración das mesmas. Abraira tamén sinalou que o BNG estudará se é convinte que se revise o apartado que regula os prazos que teñen empresarios e hostaleiros para adpatar os seus establecementos á nova normativa.
Paz Abraira dixo que para o BNG é prioritario saber o que opinan os colectivos veciñais e as agrupacións empresariais de cara a presentar as correspondentes alegacións a esta ordenanza. Para o BNG compre que esta norma faga compatible o dereito a descansar co dereito, de empresas e autónomos, a desenvolver a súa actividade económica. Abraira sinalou que o BNG esgotará o tempo para coñecer as inquedanzas do máximo número de colectivos e persoas individuais e con fin de facer propostas realmente útiles para Lugo.
Neste momento a ORCA, unha vez publicada no BOP a aprobación inicial do texto, está en período de exposición pública. E é previsible que sexan moitas as asociacións, colectivos e persoas que presenten alegacións ao texto inicial. Dende o BNG anunciaron que presentarán alegacións encamiñadas a mellorar este documento que terá unha importante transcendencia na vida da cidade durante os próximos anos. Para o BNG é fundamental coñecer cales son as preocupacións que espertan na cidadanía os contidos desta ordenanza municipal.