O BNG ADVERTIU EN LUGO QUE “O REPAGO MATA”

O BNG ADVERTIU EN LUGO QUE “O REPAGO MATA”

A responsábel comarcal, Esther López, indicou que "o BNG apoia á Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade que é a impulsora desta campaña"

A campaña terá continuidade este venres, ás 11:15, cunha concentración diante do Hospital Universitario Lucus Augusti

LUGO, 05 de novembro de 2013. Cargos orgánicos e institucionais do Bloque Nacionalista Galego, acompañados de militantes e simpatizantes, saíron hoxe á rúa para advertir aos lucenses que “o repago mata”. Baixo este lema iniciouse onte esta campaña promovida pola Inciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade. Con esta acción os nacionalistas materializan o seu apoio a esta campaña que está impulsada por colectivos sanitarios, sindicatos, forzas políticas e colexos profesionais vencellados á sanidade.

Esther López dixo que “non debe haber nin unha soa persoa morta por falta de recursos” e que “parece que a esto é ao que nos abocan as decesións do PP nos goberno da Xunta e do Estado”. Para o BNG está claro que “progresivamente os gobernos do PP van implantado a normativa necesaria para desmantelar a Sanidade Pública, reducindo a carteira de servizos gratuítos e incorporando medidas de repago”. A responsábel comarcal do BNG acusou ao PP de “aplicar estas medidas para facer da saúde unha mercadoría coa que lucran as empresas a conta das persoas”.

O Ministerio de Sanidade ven de ditar unha resolución pola que se determina que os tratamentos que se proporcionan nos centros hospitalarios van a ter un repago dun 10% sobre o seu custo. Terán que asumir o pago deste 10% todas as persoas ás que, por prescrición facultativa, se vexan na obriga de continuar con tratamentos médicos como é o caso das que teñen tratamentos para enfermidades crónicas.

Concentración diante do HULA e manifestación en Compostela

A campaña terá continuidade cunha concentración diante do HULA o vindeiro venres, 8 de novembro, ás 11:15 horas e cunha manifestación o 17 de novembro en Santiago de Compostela. Esta campaña, apoiada polo BNG, prentende mobilizar á sociedade para loitar por que se garanta unha sanidade universal, pública, gratuíta e de calidade.

 

NOTA: Achéganse fotos e cortes de voz.

O BNG ADVERTIU EN LUGO QUE “O REPAGO MATA”