PARA O BNG NON É MOMENTO DE QUE A XUNTA TEÑA VIVENDAS BALEIRAS
O parlamentario Cosme Pombo demandou que a Xunta entregue as máis de 40 vivendas das que dispón á xente que as precisa
O BNG presentará varias iniciativas no Parlamento Galego para que as máis de 800 familias demandantes de vivenda poidan acceder aos inmobles que a Xunta ten sen adxudicar
LUGO, 1 de novembro de 2013. O BNG levará ao Parlamento Galego unha serie de iniciativas para instar ao goberno da Xunta de Galiza a que adxudique as vivendas que posúe no concello de Lugo. Segundo o parlamentario do BNG, Cosme Pombo, son máis de 800 familias demandantes de vivenda poidan acceder aos inmobles que a Xunta ten sen adxudicar en Lugo. Para o BNG, segundo Pombo, non é momento de que a xunta teña vivendas baleiras mentres as familias están a vivir situacións realmente difíciles.
En Lugo son un total de 835 persoas as demandantes de vivenda que están en lista de espera da Xunta para acceder a algún tipo de vivenda protexida, mentres que a Xunta dispón dun total de 41 vivendas que non están adxudicadas a ninguén. Para o BNG compre que a Xunta poña estas vivendas a disposición das persoas que as precisan de xeito inmediato. As vivendas baleiras das que dispón a Xunta están situadas nas área de rehabilitación de A Tineria e Mazoi e tamén nas promocións de A Ponte e Garabolos.
No caso da área de rehabilitación da Tineria son 20 vivendas as que se atopan deshabitadas pola falta de intención da Xunta de adxudicalas segundo explicou Cosme Pombo. Para Pombo está claro que a Xunta non quere adxudicar as vivendas da Tinería e explicou que coa chegada ao goberno do PP á Xunta xa houbo un cambio de criterios de adxudicación, pasando dun baremos de condicións económicas e sociais ao sistema de sorteo, e aínda así seguen sen ser adxudicadas.
Vivendas bloqueadas para unha emerxencia social desprovista de fondos económicos
Segundo o BNG case a metade destas vivendas foron detraidas, polo goberno do PP na Xunta, da oferta para as persoas demandantes co obxectivo de cubrir o expedente de atención ás persoas afectadas por desafiuzamentos e violencia de xénero mentres se estaban a retirar os fondos previstos para estas situacións de emerxencia social de outras partidas que a Xunta debería ter para este tipo de casos. No caso de Garabolos a oferta de vivendas de promoción pública era, nun principio, de 172 e quedou reducido a 156 xa que 16 quedaron bloqueadas para posibles casos de persoas afectadas por desafiuzamentos.