O BNG E UNAVE FALARON SOBRE A ORCA

O BNG E UNAVE FALARON SOBRE A ORCA

 IMG_1391 O BNG está a manter xuntanzas con diversos colectivos e agrupacións para analizar as afectacións que tería a proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica que plantexa o goberno municipal

Os nacionalistas presentáronlle ao colectivo veciñal diversas iniciativas e propostas que veñen defendendo no concello de Lugo

LUGO, 31 de outubro de 2013. O BNG iniciou unha ronda de xuntanzas con diversas agrupacións e colectivos para analizar as afectacións que tería a proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica que plantexa o goberno municipal. Na primeira das xuntanzas concelleiros do BNG achegáronse ao local de UNAVE para coñecer o posicionamento deste colectivo veciñal sobre o documento elaborado polo goberno do concello de Lugo. Os nacionalistas trasladáronlles aos dirixentes de UNAVE as cuestións que aparecen reflectidas nesta proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica e que poden resultar máis polémicas á hora de acadar un consenso para a súa aprobación definitiva.

Paz Abraira dixo que “para o BNG é prioritario saber o que opinan os colectivos veciñais e as agrupacións empresariais de cara a presentar as correspondentes alegacións a esta ordenanza”. Para o BNG compre que esta norma faga compatible o dereito a descansar co dereito, de empresas e autónomos, a desenvolver a súa actividade económica.

Neste momento a ORCA, unha vez publicada no BOP a aprobación inicial do texto, está en período de exposición pública. E é previsible que sexan moitas as asociacións, colectivos e persoas que presenten alegacións ao texto inicial. Dende o BNG anunciaron que presentarán alegacións encamiñadas a mellorar este documento que terá unha importante transcendencia na vida da cidade durante os próximos anos. Para o BNG é fundamental coñecer cales son as preocupacións que espertan na cidadanía os contidos desta ordenanza municipal.

Neste encontro, mantido entre os representantes do BNG e os directivos de UNIMG_1386AVE, analizáronse outras cuestións da vida municipal e de interese para o veciños e veciñas de Lugo. Os nacionalistas presentáronlle ao colectivo veciñal diversas iniciativas e propostas que veñen defendendo no concello de Lugo como a creación de hortos urbáns, a posta en marcha dos orzamentos participativos ou a implantación dun programa de compostaxe caseira nas parroquias rurais do concello.

O BNG E UNAVE FALARON SOBRE A ORCA