O BNG VOTARÁ CONTRA AS ORDENANZAS FISCAIS PROPOSTOAS POLO GOBERNO MUNICIPAL

O BNG VOTARÁ CONTRA AS ORDENANZAS FISCAIS PROPOSTOAS POLO GOBERNO MUNICIPAL

Antón Bao explicou que “o PSOE esconde a súa falta de ideoloxía política nunha aparente conxelación das taxas municipais”

As propostas de rebaixas lineais das taxas municipais beneficia aos que máis teñen mentres que as persoas con máis dificultades seguen a pasalo mal

LUGO, 30 de outubro de 2013. O BNG votará en contra aprobación das ordenanzas que rexerán as taxas municipais no pleno do concello que se celebrará o vindeiro luns 4 de novembro. O BNG xa BNG votou en contra na comisión de contas celebrada esta mañá e manterá o seu voto no pleno do luns. Antón Bao dixo que “o BNG pide unha política fiscal progresiva máis xusta e eso non o defenden nin o PSOE nin o PP e por eso votaremos contras as propostas presentadas polo goberno municipal e as emendas presentadas polo PP”.

Para o BNG o “PSOE non atende ás necesidades reais de miles e miles de lucenses que precisan que se lles axude por que están no paro, teñen salarios baixos ou pensións moi reducidas”. Bao lembrou que, dende o BNG, lle presentáron ao goberno municipal unha serie de propostas de modificacións fiscais que incluían a aplicación de numerosas bonificacións e exencións que, segundo a renda, aplicaban reducións nos recibos da auga, do lixo, do IBI, do imposto de vehículos, etc... Bao dixo que “o PSOE non aceptou ningunha das modificacións propostas polo BNG” e “o s que menos teñen quedan como estaban por que as modificacións propostas polo goberno eran puras maquillaxes administrativas”.

Antón Bao explicou que “o PSOE esconde a súa falta de ideoloxía política nunha aparente conxelación das taxas municipais” e aclarou que tamén votarán contra as emendas que presentou o PP que vai ao rebufo do BNG neste asunto. As propostas de rebaixas lineais das taxas municipais beneficia aos que máis teñen mentres que as persoas con máis dificultades seguen a pasalo mal. Bao dixo claramente que “as propostas do PP benefician aos ricos de Lugo xa que  propoñen baixadas lineais no imposto de circulación e no IBI”. Bao explicou que coa baixada lineal do 10 % no imposto de vehículos, que propón o PP, os que teñen un ou varios vehículos de gama alta terán unha rebaixa moito maior que a xente que neste momento paga polo seu vehículo un imposto de 30 ou 40 euros e que esta rebaixa somentes lle suporá un aforro de 3 ou 4 euros ao ano. O mesmo sucedería coas baixadas que o PP propón no imposto de bens inmobeis no que os máis beneficiados son aqueles que posuen unha ou varias vivendas cos valores catastrais máis altos.

O BNG VOTARÁ CONTRA AS ORDENANZAS FISCAIS PROPOSTOAS POLO GOBERNO MUNICIPAL