ADOLFO DE ABEL VILELA OFRECEU UNHA CHARLA SOBRE A IMPORTANCIA DO EDIFICIO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO

ADOLFO DE ABEL VILELA OFRECEU UNHA CHARLA SOBRE A IMPORTANCIA DO EDIFICIO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO

  O BNG organizou esta conferencia para poñer de manifesto a importanIMG_1427cia que ten para Lugo a conservación e posta en valor deste edificio singular

Ademais os nacionalistas presentarán iniciativas no concello de Lugo e no Parlamento Galego

LUGO, 29 de outubro de 2013. O historiador lucense Adolfo de Abel Vilela impartiu hoxe unha charla sobre a importancia do edificio do Cuartel de San Fernando. O edificio foi declarado BIC pola Xunta no ano 2009 e, segundo explicou Adolfo de Abel, ten unha extraordinaria importancia dentro da arquitectura neoclásica. O edificio ten a particularidade de ser o único acuartelamento construído na ciade de Lugo durante a época da ilustración. A charla celebrouse na galería Sargadelos e foi presentada polo responsábel local do BNG, Alexandre Penas, e polo voceiro nacionalista no concello de Lugo, Antón Bao.

O Bloque Nacionalista Galego emprendeu unha serie de iniciativas encamiñadas a que a Xunta asuma as súas responsabilidades sobre o edificio do cuartel de San Fernando. O parlamentario, Cosme Pombo anunciou recentemente a presentación de iniciativas no Parlamento Galego para instar á xunta a asumir os seus compromisos con este edificio e Antón Bao presentou unha proposición que o BNG levará ao vindeiro pleno do concello de Lugo sobre este asunto.

O BNG ven reclamando, a través de numerosas proposicións e iniciativas, a creación do museo nacional da romanización neste edificio que ocupou o cuartel de San Fernando. Sen ir máis lonxe o pasado ano o BNG pediu que se incluiran nos orzamentos da Xunta do ano 2013, unha partida de 1.000.000 €. Esta partida estaría destinada ao comenzo das obras para a creación do Museo Nacional da Romanización no Cuartel de San Fernando.

A pesares dos tempos de crise que estamos vivir, para o BNG, non é de recibo qIMG_1433ue un proxecto como o do museo da romanización quede paralizado. Para o BNG resulta inconcebible que un edificio declarado BIC e situado no centro da cidade de Lugo se atope en semellante estado de abandono mentres o goberno galego mira para outro lado. Os nacionalistas insistiron tamén en que o museo da romanización é necesario para albergar e conservar a gran cantidade de restos arqueolóxicos que neste momento están desperdigados en diferentes edificios e nunhas condicións que non sempre son as máis aconsellables.

ADOLFO DE ABEL VILELA OFRECEU UNHA CHARLA SOBRE A IMPORTANCIA DO EDIFICIO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO