A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN, CRISTINA LÓPEZ, AFIRMOU QUE "DADO O ÉXITO ACADADO, CONTINUAREMOS CO PROXECTO PARA VISIBILIZAR TODAS AS PARROQUIAS DE LUGO"
As parroquias lucenses protagonizan o calendario elaborado dende o Arquivo do Concello para o ano 2025
A nova edición "a terra entre as mans", recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade.
A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "dado o éxito acadado, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo"
Lugo, 08 de xaneiro de 2025. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou o calendario de 2025 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo.
A concelleira de Participación afirmou que "dado o éxito das pasadas edicións deste calendario, mantemos o noso compromiso con este proxecto para dar visibilidade á historia do rural de Lugo".
López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".
Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.