O PORTAVOZ DO BNG AFIRMOU QUE "A AVENIDA DE BREOGÁN CONTA ACTUALMENTE CON BASTANTE ESPAZO DE ESTACIONAMENTO MENTRES QUE FONTIÑAS PRECISA DE AMPLIAR O NÚMERO DE PRAZAS DISPOÑIBLES"

Rubén Arroxo: "Non nos opoñemos ao Parking da Avenida Breogán, mais cremos que unha inversión de 1 millóns de euros era máis importante en Fontiñas neste momento"



O portavoz do BNG afirmou que "a Avenida de Breogán conta actualmente con bastante espazo de estacionamento mentres que Fontiñas precisa de ampliar o número de prazas dispoñibles"

Arroxo afirmou que "o BNG reuniuse desde o primeiro día coa veciñanza de Casás afectada pola construcción do novo parking, convidamos á presidenta da Asociación de San Antonio a coñecer a problemática causada por esta obra"

Rubén Arroxo: "Non nos opoñemos ao Parking da Avenida Breogán, mais cremos que unha inversión de 1 millóns de euros era máis importante en Fontiñas neste momento"



Lugo, 28 de xaneiro de 2025. O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou, ante as declaracións da presidenta da Asociación de San Antonio, que o BNG non se opón á construcción do aparcadoiro da Avenida Breogán, "mais entendemos que, cando a Xunta anunciou 1 millón de euros para a construcción dun aparcadoiro en cada cidade, o máis preciso era que esta infraestructura fose a Fontiñas", explicou. O Portavoz do BNG destacou que "a prioridade á hora de investir o diñeiro público ten que ser mellorar as zonas que máis o precisan, e actualmente a zona de Casás non ten os mesmos problemas de estacionamento que se poden ver en Fontiñas".

Arroxo afirmou que "desde que coñecemos as problemáticas que esta obra estaba a crear nas veciñas e veciños, desde o BNG mantivemos múltiples xuntanzas coas veciñas e veciños afectados e reclamamos á Xunta que amañase a drenaxe desta nova infraestrutura", e convidou á presidenta da Asociación de San Antonio a que se reuna coas veciñas e veciñas do barrio para coñecer de primeira man as problemáticas "tal e como levamos facendo meses desde o BNG".

Queremos pensar que a defensa deste parking, a pesar dos problemas, non está relacionado con que a presidenta desta asociación teña apoiado en múltiples ocasións ao Partido Popular, dado que a prioridade debe ser a veciñanza do barrio.

A obra executada deixou os verquidos de augas directamente cara a un dos principais accesos ao barrio de Casás, o que impide que as veciñas e veciños poidan acceder ás súas vivendas especialmente en días de choiva. O BNG trasladou esta problemática ao Parlamento Galego a través da deputada Montse Valcárcel, onde reclamou "unha solución máis axeitada para o tratamento das augas pluviais" ante  "un gasto de 1,2 millóns de euros que perxudica ás veciñas e veciños desta zona periurbana da cidade de Lugo". O BNG considerou "unha boa noticia" que a Xunta anunciase, en outubro de 2024, que ía solucionar esta situación.

Rubén Arroxo: "Non nos opoñemos ao Parking da Avenida Breogán, mais cremos que unha inversión de 1 millóns de euros era máis importante en Fontiñas neste momento"