O BNG MANTERÁ XUNTANZAS CON COLECTIVOS VECIÑAIS PARA TRANSLADARLLES A SÚA POSTURA SOBRE ORZAMENTOS
Os nacionalistas presentarán por escrito a súa proposta de investimentos para os remanentes
Paz Abraira pediu a aplicación de orzamentos participativos reais e a afeoulle a Orozco a visita á Escola Municipal de Música nun intento de enganar á cidadanía
Para o BNG non é normal que o PSOE lle poña a alfombra vermella a Luis Lamas para vir a ameazar aos concellos que se negan a pagar o taxazo de SOGAMA
Lugo, 10 de abril, 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo cargou contra a actitude do alcalde por utilizar a nenos e nenas de curta idade, da escola Municipal de Música, para lanzar mensaxe enganosas á cidadanía no relativo á proposta dos remanentes que foi rexeitada o pasado luns no pleno municipal. Abraira criticou a visita á escola de música é curioso que vai a visitar un proxecto que o PSOE nunca quixo poñer en marca e que está ahí grazas ao BNG. Para o BNG non é de recibo que o alcalde vaia facer este tipo de anuncios a un servizo municipal que puido poñer en marcha nos 12 anos anteriores e non quixo facelo. Fai ano e medio o BNG logrou a popularización da ensinanza musical e a posta en valor da Banda Municipal de Música e sábeno ben, dixo Abraira os pais e nais e alunos adultos, e tamén aos traballadores da banda de Música que tiñan unha media xornada e unhas condicións laborais precarías. Abraira criticou tamén, a este respecto, a actitude da Concellería de economía que nas xuntas de compras se queixa constantemente do custo que vai ter para o Concello polo elevado prezo dos instrumentos musicais.
Abraira reclamoulle ao alcalde que aplique uns orzamentos participativos reais e anunciou que o BNG se reunirá cos colectivos que representan aos veciños e veciñas de Lugo para explicar a súa postura a este respecto. O BNG anunciou que presentará propostas por escrito para investir os remanentes. Ademais os nacionalistas manterán xuntanzas con representanes dos colectivos que agrupan ás organizacións veciñais. Paz Abraira lembroulle ao PSOE que no ano 2013 contaron co apoio do BNG para a aprobación dos orzamentos e dos remanentes e no cumpliron absolutamente nada do pactado. Abraira referiuse ás obras da Ponte da Mera, o ascensor do Sagrado Corazón, as obras en Fontiñas, os hortos urbáns e outras que tamén eran necesarias para cidade. Por que non fixeron as obras no 2013 e agora se rascan as vestiduras cos remanentes do 2014 concluíu a voceira do BNG.
Para o BNG, o PSOE esta máis pendente de salvar a Orozco e a aos seus concelleiros ante a xustiza que de xestionar o goberno municipal. Abraira dixo que Orozco está máis preocupado por visitar aos seus avogados en Madrid e por participar nos actos relixiosos para encomendarse aos santos a ver se o sacan da súa actual situación. O BNG xa dixo que estabamos ante unha situación de desgoberno do concello e de descomposición do equipo de goberno e agora optan polo engano e tratan de tapar as súas miserias dicindo que o BNG non lles apoia as súas propostas.
Máis de 300.000 para Bill Gates
Dende o BNG criticaron que neste ano se entreguen ao Bill Gates preto de 300.000 euros en licencias informáticas mentres dende o goberno municipal se negan a poñer en marcha nada que teña que ver con software libre, Paz Abraira dixo que unha vez cubertas as necesidades básicas depois empezaremos a falar das obras. O BNG vai facer as súa propostas nas que se priorizarán cuestións como o incremento das partidas de emerxencia social e cobertura social, mellora das bolsas de vivenda, e un plan de emerxencia económica dirixido a pequenas empresas e autónomos. Ademais, Paz Abraira, informou que moitos cartos centrados no parque mobil municipal, que non veñan a falar de obras por que en ningún momento levaron a pleno obras útiles para veciñoas e veciñas.
Visita do presidente de SOGAMA
Abraira criticou que o goberno municipal asuma, sen máis, aquelas imposicións que veñen dadas dende o Estado sen decir nada. E pregúntoulle a Orozco como xustifican que onte veña a Lugo o Sr. Luis Lamas a amenzar aos concellos que se opoñan ao taxazo de SOGAMA e que non lle digan nada?. Falou da visita desta semana, Paz Abraira, dicindo que o PSOE lle puxo a alfombra vermella para que entre no Concello ao presidente de SOGAMA. Abraira engadiu que a xente está moi cansa de cortersía institucional e que queren é que se preserven os seus dereitos e non os dunha empresa como SOGAMA que lles costarán aos lucenses máis de 700.000 ao ano. Ademais dende o BNG sinalaron que ten que dar moitas explicacións o goberno do PSOE e o seu alcalde, tamén co ornamento do 2013 en referencia aos 400.000 euros dos remanentes do 2013 que quedaron mortos de risa e dos 100.000 euros sen gastar das axudas en vivenda por que se negaron a modificar o baremo de adxudicación.