O BNG PRESENTARÁ PROPOSTAS PERO NON SE SENTARÁ A NEGOCIAR CO PSOE

O BNG PRESENTARÁ PROPOSTAS PERO NON SE SENTARÁ A NEGOCIAR CO PSOE

IMG_3234Paz Abraira dixo que “unha vez cubertas as necesidades básicas empezaremos a falar das obras”

“É mentira que onte se rexeitaran obras por 3 millóns de euros, escóndense detrás dese dramatismos escénico para pretender enganar aos cidadáns dando a entender que somos outros os que non permitimos as obras” dixo a voceira do BNG

Lugo, 8 de abril, 2014. O BNG anunciou que presentará propostas para investir os remanentes de que dispón o concello de Lugo. Paz Abraira referiuse á actitude de "dramatismo escénico" que o PSOE mantivo no pleno municipal de onte e dixo que "non so as obras son prioritarias para os lucenses". Abraira xustificou o seu voto negativo á proposta do PSOE, entre outras cousas, por que "non é unha urxencia para os lucenses gastar 97.000 € en licencias informáticas". Abraira sinalou que o goberno municipal presentou unha proposta pechada na que non todo eran obras “presentan no pleno propostas pechadas nas que se mezclan cuestións necesarias con cousas que non son prioritarias”. Abraira remarcou que “é mentira que onte se rexeitaran obras por 3 millóns de euros” escóndense detrás dese dramatismos escénico para pretender enganar aos cidadáns dando a entender que somos outros os que non permitimos as obras.

A voceira nacionalista explicou que “o concello ten máis de 3 millóns de euros para gastar, non exclusivamente en obras”. O BNG aposta por facer investimentos “en cousas tan básicas como incrementar a partida para emerxencia social ou reforzar os servizos sociais do concello”. Paz Abraira dixo que “unha vez cubertas as necesidades básicas depois empezaremos a falar das obras”. O BNG vai facer as súa propostas nas que se priorizarán cuestións como o incremento das partidas de emerxencia social e covertura social, mellora das bolsas de vivenda, e un plan de emerxencia económica dirixido a pequenas empresas e autónomos. Abraira lembroulle á edil de economía que “o edificio de novas tecnoloxías non vai ser solución para a situación económica de empresas e autónomos, tal e como pretenden facernos ver”. A resposta que sempre da o PSOE de “non se pode facer” non vale por que hai moitos concellos de outras cores políticas que están a facer cousas na liña que propón o BNG para Lugo.

A voceira nacionalista cargou contra a “ausencia total de vontade política para asumir as súas responsabilidades por parte do PSOE, tanto por parte do Orozco como do secretario xeral o sr. Besteiro”. “Ao PSOE interesalle máis salvar os muebles e salvar a Orozco que esta cidade” e engadiu que “se algo reclaman os cidadáns é que se actúe contra a corrupción existente nalgunhas institucións e nalgunhas formacións políticas” e esto, para o BNG “precisa de dimisións e responsabilidades políticas” aínda que no PSOE “carecen da ética suficiente para asumir as responsabilidades políticas”. Paz Abraira igualou ao PP e o PSOE no referente aos casos de corrupción e dixo que “asistimos cada día ao esperpento nos concellos de Coruña, Santiago, Ourense e Lugo con concellos paralizados e sen atender as necesidades das persoas”.

“Non imos entrar en ningún proceso de negociación co PSOE pero imos seguir poñendo sobre a mesa a nosas propostas para que a cidade mellore” asegurou a vociera do BNG que lembrou que existen estes remanentes por que no ano 2013 non executaron nada e no 2012 tiñan na súa man a posta en marcha duns orzamentos participativos pero tampouco foron capaces. Esta situación no concello de Lugo está derivada, segundo os nacionalistas, pola actitude “nun goberno en minoría e encausado” que é preciso que “actúe con menos soberbia e que esté disposto a ter en conta o que é realmente prioritario”. A voceira do BNG insistiu na necesidade de recuperar a xestión pública dos servizos municipais, xa que é o momento no que se demostra para que serven as concesións a empresas privadas.

O BNG PRESENTARÁ PROPOSTAS PERO NON SE SENTARÁ A NEGOCIAR CO PSOE