“O BNG NON PARTICIPARÁ DE CEREMONIAS LAUDATORIAS FALSAS” DIXO PAZ ABRARIA

“O BNG NON PARTICIPARÁ DE CEREMONIAS LAUDATORIAS FALSAS” DIXO PAZ ABRARIA

IMG_6164A voceira do BNG no concello de Lugo anunciou dará o seu apoio, nin aceptará, ningún tipo de condecoración institucional ao que fora presidente da Deputación de Lugo durante 24 anos

Para o BNG “por riba da cortesía institucional que predica Orozco, está a coherencia política e a defensa da democracia”

Lugo, 10 de marzo 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou que o BNG non dará o seu apoio, nin aceptará, ningún tipo de condecoración institucional ao que fora presidente da Deputación de Lugo durante 24 anos. Abraira dixo que “non vai ser o Bloque Nacionalista Galego quen participe nesta ceremonia laudatoria de quen foi presidente da Deputación de Lugo e que utilizou esta institución como se fora o seu cortixo privado”.

“Para o BNG, por riba da cortesía institucional que predica Orozco, está a coherencia política e a defensa da democracia” afirmou Abraira que recalcou que “non imos defender, nin apoiar, nin aceptar condecoracións institucionais a quen usou a institución pública a favor dos seus intereses persoais e do seu partido pisando os dereitos de moitas veciños e veciñas desta provincia”.

Abraira sinalou que “o BNG mantivo e mantén o debido respeto cara esta persoa e cara o cargo que desempeñou pero eso non significa que agora vaiamos participar en ceremonias laudatorias falsas como parece que fan quenes se fartaron de atacalo e traizoalo en vida”.

“O BNG NON PARTICIPARÁ DE CEREMONIAS LAUDATORIAS FALSAS” DIXO PAZ ABRARIA