OS CANDIDATOS DE LUGO E CASTROVERDE, DEFENDEN POLÍTICAS COMARCAIS PARA PROTEXER O PATRIMONIO

OS CANDIDATOS DE LUGO E CASTROVERDE, DEFENDEN POLÍTICAS COMARCAIS PARA PROTEXER O PATRIMONIO

IMG_7771Rubén Arroxo e Xosé Gómez achegáronse a Soutomerille para reivindicar o Camiño Primitivo como eixo vete  brador do que debe ser a conservación patrimonial na comarca

Para as candidaturas do BNG-Asambleas Abertas “está claro que nin a Xunta nin o bispado teñen interese por protexer auténticas xoias do noso patrimonio como é o caso de Soutomerille”

Castroverde, 10 de marzo 2015. Os candidatos BNG – Asambleas Abertas por Lugo e Castroverde, Rubén Arroxo e Xosé Gómez, visitaron o lugar de Soutomerille en Castroverde onde o Camiño Primitivo ven de sufrir o que calificaron como “mostra da falta de interese da Xunta e dos Concellos de Lugo e Castroverde pola conservación dun dos maiores patrimonios culturais, paisaxísticos e ambientais”. Rubén Arroxo e Xosé Gómez plantaron un castiñeiro no lugar do que recentemente desapareceu un castiñeiro centario que “a pesares das propostas, ignoradas polo alcalde socialista, de que fora trasladado a un terreo municipal foi destinado a leña”.

“Lugo ten que ser, pola súa capacidade o concello, IMG_7778quen abandeire a loita pola defensa e conservación do Camiño Primitivo en colaboración co resto dos concellos da comarca” dixo Rubén Arroxo quen engadiu que “o concello de Lugo é o que ten capacidade para liderar accións, xunto con outros concellos, de conservación do patrimonio e de promoción turística”. Arroxo lembrou que, no seu paso polo goberno do concello de Lugo, “o BNG impulsou un programa no que participaron varios concellos da comarca, entre eles o de Castroverde, para poñer en valor como atractivo turístico o Camiño Primitivo e os elementos patrimoniais máis característicos”.

Xosé Gómez, candidato do BNG – Asambleas Abertas en Castroverde salientou a necesidade de que, tanto a Xunta como o bispado, tomen medidas para protexer o entorno de Soutomerille e sinalou que “a igrexa corre un serio perigo de derrubamento e o entorno está completamente abandoado”. Gómez cargou contra o alcalde socialista ao que acusou de “absoluta falta de sensibilidade” e explicou que “este castiñeiro centenario puido ser trasladado a algún terreo do concello como o campo da feira ou a zona das piscinas pero el preferiu mandalo para o lume”.IMG_7786

Para os candidatos do BNG – Asambleas Abertas por Lugo e Castroverde o Camiño Primitivo ten que converterse nunha vía de promoción turística da comarca de Lugo “as rutas de sendeirismo e as andainas populares que se promovan dende o concello de Lugo terán que ser unha vía de achegamento á cultura rural tradicional e ao coñecemento do noso patrimonio material e inmaterial”.

OS CANDIDATOS DE LUGO E CASTROVERDE, DEFENDEN POLÍTICAS COMARCAIS PARA PROTEXER O PATRIMONIO