O BNG PEDIRÁ NO FORO DE IGUALDADE UN CAMBIO NO SISTEMA DE RECONTO DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Paz Abraira informou que co sistema de reconto imposto polo PP
para que unha muller sexa considerada vítima de violencia de xénero ten que estar hospitalizada máis de 24 horas
O BNG presentará unha proposición ao vindeiro pleno do concello de
Lugo para solicitar medidas de
protección e apoio ás vítimas da violencia machista.
LUGO, 23 de outubro de 2013. O BNG, a través da edil Paz Abraira, as iniciativas que vai defender no concello de Lugo para solicitar, das distintas administracións, medidas de protección e apoio ás vítimas da violencia machista. En primeiro lugar Paz Abraira anunciou que na xuntanza, convocada para mañá xoves, do Foro de Igualdade do concello de Lugo o BNG presentará unha proposta para que se cambie o sistema de reconto de vítimas da violencia de xénero imposto polo PP no que, segundo informou Abraira, para que unha muller sexa considerada vítima de violencia de xénero ten que estar hospitalizada máis de 24 horas. Estas iniciativas presentaranse vencelladas á celebracón do 25 novembro, día internacional contra a violencia d
e xénero.
Para Paz Abraira pretende facerse creer, dende o goberno, que o número de vítimas está a diminuír baseando esta afirmación en que decrece o número de denuncias nos últimos anos. En Galiza, dende 2009 redúcense cada ano as denuncias en números absolutos de 6.068 en 2009, a 5.153 en 2011, a 4.788 en 2013. Así, o ratio de denuncias presentadas por cada 10.000 mulleres en Galiza sitúase no 33.29%, o segundo máis baixo do Estado español, só superado por Castela-León co 32.16%.
Abraira afirmou que a redución de denuncias non se pode achacar a unha red
ución da incidencia da violencia machista na sociedade galega senón que ten a súa orixe nas dificultades económicas que sofren con maior incidencia as mulleres, entre elas as do concello de Lugo, onde este ano se produciu o asasinato de Helena Dumitru a mans
da súa parella. A edil nacionalista lembrou que Helena non foi unha das 991 mulleres que no ano 2012 acudiron a Casa da Muller, nin unha das 546 que presentaron denuncia unha vez, nin unha
Paz Abraira lembrou, tamén, que foi o goberno do PP na Xunta de Galiza o que vai privar do chamado salario da liberdade a aquelas mulleres que o soliciten por segunda vez e dixo que desde o mes de xuño non hai ningunha partida orzamentaria para que a Xunta poida asumir o pagamento do salario da liberdade para aquelas mulleres que sufran violencia de xénero. das 37 que a presentaron varias veces. Helena Dumitru foi unha das moitas mulleres asasinadas polo seu home que non presentara denuncia, a pesar de sufrir o terrorismo machista que finalmente a matou e rompeu completamente a vida dos seus fillos menores.