O BNG PIDE A MELLORA DA ACCESIBILIDADE NOS CENTROS ESCOLARES
Paz Abraira dixo que a pesar dos moitos avances logrados neste ámbito quedan cousas por facer como é caso das aulas de infantil do colexo de Albeiros
LUGO, 21 de outubro de 2013. O BNG solicítalle ao goberno municipal que mellore e manteña a accesibilidade nos centros escolares da cidade. Para a edil nacionalista Paz Abraira a pesares de que o PP, dende o goberno da Xunta e do Estado, están a aplicar medidas que van en detrimento da calidade do ensino público o concello debe velar polo bo estado dos colexos. A edil Paz Abraira dixo que a pesar dos moitos avances logrados neste ámbito quedan cousas por facer como é caso das aulas de infantil do colexo de Albeiros.
Paz Abraira sinalou que varias nais e pais achegáronlle ao BNG queixas polas dificultades de acceso ás aulas de educación infantil do colexo de Albeiros. En días pasados foron varios os escolares que sufriron caídas ao subir e baixar polas escaleiras que conducen estas
aul
as. Abraira dixo que se existen problemas de accesibilidade o concello debe intervir e eliminar esas barreiras arquitectónicas.
O BNG xa denunciara, en meses pasados, o exceso de maleza que inv
ade as aceras nas inmediacións a este centro escolar e que dificultan o tránsito dos escol
ares na zona. Neste caso, os nacionalistas, chaman a atención sobre a necesidade de mellora do
acceso ás aulas de infantil do CEIP de Albeiros que, n
este momento, somentes se pode realizar a través de escaleiras.