O BNG PRESENTARÁ INICIATIVAS NO PARLAMENTO E UNHA MOCIÓN NO PLENO SOBRE O CUARTEL DE SAN FERNANDO

O BNG PRESENTARÁ INICIATIVAS NO PARLAMENTO E UNHA MOCIÓN NO PLENO SOBRE O CUARTEL DE SAN FERNANDO

Ademais os nacionalistas instarán ao alcalde de Lugo a que convoque a comisión de seguimento do convenio que regula a cesión do edificio á Xunta

Cosme Pombo e Antón Bao coincidiron en sinalar “Lugo non pode permitir que o goberno galego abandone un edificio destas características no medio da cidade”

O vindeiro mart es 29 de outubro o BNG organiza unha charla sobre o interes cultural do edifício que albergou o cuartel de San Fernando

LUGO, 19 de outubro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego emprenderá unha serie de iniciativas encamiñadas a que a Xunta asuma as súas responsabilidades sobre o edificio do cuartel de San Fernando. O parlamentario, Cosme Pombo, e o voceiro nacionalista no concello de Lugo, Antón Bao, coincidiron en sinalar “Lugo non pode permitir que o goberno galego abandone un edificio destas características no medio da cidade”. Cosme Pombo presentará unha iniciativa no parlamento galego para instar á xunta a asumir os seus compromisos con este edificio e Antón Bao anunciou que o BNG levará unha moción ao vindeiro pleno do concello de Lugo sobre este asunto.

Para o BNG “compre que a Xunta interveña xa neste edificio para evitar que continúe o deterioro ao que está sometido polo seu abandono”. Cosme pombo asegurou que as declaracións da Directora Xeral deixaron entrever cales son as verdadeiras intencións do goberno de Feijoo e dixo que “esta é unha demostración máis de que o goberno do partido popular ten a Lugo abandonado a pesares de que a Delegada da Xunta se esmere en disfrazar esta realidade”.

O BNG ven reclamando, a través de numerosas proposicións e iniciativas, a creación do museo nacional da romanización neste edificio que ocupou o cuartel de San Fernando. Sen ir máis lonxe o pasado ano o BNG pediu que se incluiran nos orzamentos da Xunta do ano 2013, unha partida de 1.000.000 €. Esta partida estaría destinada ao comenzo das obras para a creación do Museo Nacional da Romanización no Cuartel de San Fernando.

A pesares dos tempos de crise que estamos vivir, para o BNG, non é de recibo que un proxecto como o do museo da romanización quede paralizado. Para o BNG resulta inconcebible que un edificio declarado BIC e situado no centro da cidade de Lugo se atope en semellante estado de abandono mentres o goberno galego mira para outro lado. Os nacionalistas insistiron tamén en que o museo da romanización é necesario para albergar e conservar a gran cantidade de restos arqueolóxicos que neste momento están desperdigados en diferentes edificios e nunhas condicións que non sempre son as máis aconsellables.

Comisión de seguimento do convenio

Antón Bao instou a López Orozco a convocar a comisión de seguimento do convenio asinado entre Xunta e Concello para que a Xunta aclare, dunha vez por todas, cales son as súas intencións a respecto do edificio”. Antón Bao lembrou que a Xunta de Galiza asinou un convenio co Concello de Lugo, asinado o 8 de febreiro de 2008, para a cesión dos terreos e do edificio á Xunta de Galiza. Na clausula quinta deste convenio aparece recollida a constitución dunha comisión de seguemento que pode ser convocada por calquera das partes asinantes e ten por obxecto, entre outros, impulsar a materialización do convenio e resolver calquera cuestión que poida xurdir sobre o contido do mesmo.

Charla sobre a historia do edificioIMG_7660

Ademais o BNG de Lugo ten programada unha charla sobre a importancia deste edificio, declarado BIC pola Xunta no ano 2009, e que ten unha extraordinaria importancia dentro da arquitectura neoclásica, coa particularidade de ser o único acuartelamento construido na ciade de Lugo na época da ilustración. A charla será impartida polo historiador Adolfo de Abel Vilela na galería saragadelos o martes, 29 de outubor, ás 20:00.

O BNG PRESENTARÁ INICIATIVAS NO PARLAMENTO E UNHA MOCIÓN NO PLENO SOBRE O CUARTEL DE SAN FERNANDO