ROSANA PÉREZ CUALIFICOU OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA O 2014 COMO “OS ORZAMENTOS DA DESESPERACIÓN”

ROSANA PÉREZ CUALIFICOU OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA O 2014 COMO “OS ORZAMENTOS DA DESESPERACIÓN”

IMG_1215A Deputada do BNG augurou "un ano moi duro para toda a xente mentres que Botín deixou onte claro para quen entran os cartos no estado español"

Para o BNG estes orzamentos do estado son “unha fraude por que as cantidades que se recollen non contemplan os máis de 17.000 millóns de € de recortes anunciados para concellos e autonomías”

LUGO, 18 de outubro de 2013. Rosana Pérez cualificou os orzamentos do Estado para o ano 2014 como “os orzamentos da desesperación” e destacou que a baixada máis grande nas partidas orzamentarias do estado se produce en Sanidade. A Deputada nacionalista augurou "un ano moi duro para toda a xente mentres que Botín deixou onte claro para quen entran os cartos no estado español". Rosana Pérez ahegouse a Lugo para manter unha xuntanza de traballo con cargos orgánicos e institucionais do BNG. Os responsables do BNG analizaron polo miúdo as repercusións, para Lugo, dos orzamentos do Estado para o ano 2014.

A deputada do BNG no congreso dos deputados, Rosana Pérez, compareceu acompañada da responsable comarcal de Lugo, Eshter López, quen anunciou que o BNG vai presentar emendas aos orzamentos para reclamar partidas orzamentarias suficientes para subsanar deficiencias que veñen sendo reclamadas, nesta comarca e na cidade de Lugo, polo BNG dende hai moito tempo. Esther López concretou que as emendas do BNG irán dirixidas a solicitar melloras no ferrocarril, en diversas infraestruturas viarias e nas partidas dirixidas a manter os servizos sociais e a sanidade.

Para o BNG estes orzamentos do estado “son unha fraude” xa que, segundo explicou Rosana Pérez, “máis alá do que se contempla nos papeis as cantidades que se recollen nos orzamentos non contemplan os máis de 17.000 millóns de € de recortes que se anuncia hoxe que vai haber en concellos e autonomías”. Outra fraude, no caso dos orzamentos para Galiza, dixo Rosana Pérez “é que dos 1.000 millóns de euros anunciados para o 2014 para Galiza serán máis de 800 millóns de euros os que vain destinados ao tramo de alta velocidade Lubian-Ourense”. A pesares dos anuncios do PP serán moitas as infraestruturas, necesarias para Galiza, que queden sen atender.

Servizos sociais e sanidade

Dende o punto de vista social “estes son orzamentos da desesperación” dixo a deputada do BNG que sinalou que os pensionistas sufriran unha importante perda do poder adquisitivo debido a que se rebaixan as pensións, por que a subida vai ser dun 0,25 % mentres que a inflación vai estar por riba do 1 %. Tamén será o ano da desesperación, segundo Rosana Pérez, “para parados, para funcionarios cun 4 ano de conxelación salarial, e para os estudiantes que ven reducidas as partidas destinadas a bolsas de estudos”. Pero a deputada nacionalista destacou que “serán os orzamentos da desesperación para todas as persoas que somos usuarios da sanidade pública xa que a rebaixa nos orzamentos de sanidade é dun 36 % respecto do 2013”. Pérez explicou que o de sanidade é o ministerio que máis recorte sufre, nn recorte de 1.100 millóns de euros para o sistema de dependecia que queda “absolutamente finiquitado”. Estes recortes terán unha grande repercusión nunha provincia como a de Lugo onde temos moitas persoas maiores que viven soas e cunha grande dispersión e resultan imprescindibles os servizos de atención a domicilio e teleasistencia. Rosana Pérez lembrou que máis de 600.000 persoas en Galiza están por debaixo do umbral da pobreza.

Infraestruturas

En canto ás infraestruturas Rosana Pérez dixo que “os recortes deixan á provincia de Lugo como a derradeira das provincias en canto a investimento do ministerio de fomento”. Na A-54 vanse completar os tramos próximos á cidade de Lugo pero o enlace coa capital de Galiza retrasase, xa nos propios orzamentos, ao ano 2.017. Pérez lembrou que Lugo é a única cidade galega que non está conectada por autovía con Santiago e sinalou que “a pesares de que se data a finalización no ano 2.017 a experiencia na execución das obras fainos pensar que, no mellor dos casos, a autovía non estará rematada ata o ano 2.020”.

ROSANA PÉREZ CUALIFICOU OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA O 2014 COMO “OS ORZAMENTOS DA DESESPERACIÓN”