O BNG PÍDELLE A CONCELLO QUE COIDE A FIESTRA ARQUEOLÓXICA DE SAN MARCOS

O BNG PÍDELLE A CONCELLO QUE COIDE A FIESTRA ARQUEOLÓXICA DE SAN MARCOS

“Elementos que, como este, forman parte do atractivo turístico da cidade deben de ser coidados para evitar unha mala imaxe de Lugo” dixo Antón Bao

Lugo, 24 de abril de 2013. O BNG dirixiuse ao goberno municipal de Lugo para pedir que se fagan as operacións de mantemento precisas, na fiestra arqueolóxica de San Marcos, para eliminar a vexetación espontánea que cubre a práctica totalidade dos restos alí conservados. Para o voceiro do BNG no concello de Lugo  “elementos que, como este, forman parte do atractivo turístico da cidade deben de ser coidados para evitar unha mala imaxe de Lugo”. Bao engadiu que “dende o BNG entendemos que a retirada das plantas e tomar as medidas necesarias para evitar que se reproduzan non debe ter un elevado custe e mellorará considerablemente a imaxe da cidade”.

A elevada temperatura destes días e a humidade provocada pola condensación provocou a aparición de vexetación no interior da fiestra arqueolóxica de San Marcos. A aparición da vexetación podería vir derivada dun deficiente funcionamento do sistema que impide a condensación e que, neste caso, permitiría a acumulación da humidade necesaria para a proliferación de plantas. A fiestra arqueolóxica está convertida, nestes momentos, nun auténtico e prolifero invernadoiro. Esta fiestra arqueolóxica, a terceira habilitada na capital lucense, foi inaugurada a mediados de xullo do pasado ano e ten unha lonxitude de 25 metros de longo por 2,5 metros de ancho. A instalación amosa restos do acueducto romano, que conducía a auga ao centro urbano dende A Piringalla.

O BNG PÍDELLE A CONCELLO QUE COIDE A FIESTRA ARQUEOLÓXICA DE SAN MARCOS