O BNG VOTARÁ EN CONTRA DUN PXOM COCIÑADO ENTRE O PP E O PSOE
No pleno do concello de Lugo, do vindeiro luns, debaterase sobre a aprobación das modificacións propostas pola Xunta de Galiza
Os nacionalistas manteñen a súa postura contraria a un plan expansionista, desigual, irreal e inapropiado para Lugo
LUGO, 29 de novembro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego anunciu hoxe en rolda de prensa o seu posicionamento de cara á aprobación das modificacións solicitadas dende a Xunta de Galiza ao Plan Xeral de Ordenación Muncipal de Lugo. Será no pleno municipal do vindeiro luns, 3 de decembro, cando os nacionalistas voten en contra destas modificacións que serán aceptadas por PP e PSOE. Segundo sinalou o voceiro muncipal do BNG, Antón Bao, este plan é expansionista, desigual, irreal e inapropiado para Lugo e foi cociñado polo PP e o PSOE. Bao sinalou tamén que a pesar de que o PP e o seu voceiro están a atacar continuamente os pactos e coalicións si se puxeron dacordo co PSOE para asinar un pacto sobre un tema transcendental para esta cidade. O voceiro nacionalistas asegurou tamén que Nalgún momento o PP e o Sr. Castiñeira terán que explicar por que aproban este plan xa que hai sombras sobre a vida política da cidade e estas sombras están, tamén, sobre a aprobación deste plan.
O BNG votará, como sempre fixo, en contra do PXOM xa que non é un plan positivo para os intereses de Lugo. A orde do 29 de abril de 2011 publicada no DOG pola Xunta de Galiza aprobaba parcialmente o documento aprobado en pleno por PSOE e PP e deixaba en suspenso o 5 % que se centraba nos núcleos rurais e nos núcleos urbanizables. No pleno do luns 3 de decembro decidirase a aprobación, ou non, das modificacións propostas para solventar ese 5 % que non foi validado pola Xunta de Galiza. A pesares de que estas modificacións so afectan ao 5% da superficie total do concello si teñen transcendencia polo cuestionamento que, no seu momento, se deu socialmente. Para Antón Bao resulta valente e positivodicirlle non a este plan xeral que para nada coincide co modelo de crecemento urbanísitco, social e medioambiental que defende o BNG
Segundo explicou Paz Abraira partimos dun documento que se comenzou a elaborar no ano 2006 e que era fundamentalmente expansionista. Para o BNG non era un plan que abordara as necesidades reais de Lugo, nin tiña en conta o número de vivendas baleiras. Para Abraira, despois de 6 anos, todos os posicionamentos do BNG, naquel momento, tomán maior validez neste ano 2012 en todos e cada un dos argumentos. Este plan xeral prevee incrementar 27.000 novas vivendas e no período de máior boom urbanístico construironse 17.000, o número de vivendas baleiras vai en aumento e estamos a perder poboación, polo tanto ese modelo urbanístico deseñado por PP e PSOE é máis acorde co modelo expansionistas de fai uns ano que coa realidade social e económica deste momento.
Abraira explicou tamén que no informe dos técnicos municipais do servizo de arquitectura indícase que as modificacións realizadas no documento son mínimas e non implican alteración do modelo territorial. Esto supón que o modelo territorial plantexado neste PXOM ratifícase, a pesar de facer as modificacións plantexadas pola Xunta, e o BNG non comparte este modelo de desenvolvemento para o futuro do concello de Lugo. Por esto é que o BNG vai votar en contra da aprobación no pleno do luns segundo afirmaron Antón Bao e Paz Abraira.
URBANIZABLES CUESTIONADOS
Paz Abraira explicou que se manteñen os urbanizables que son, e foron, cuestionados socialmente como é o Caso de Bosende, Fixós e Bocamaos. No caso do urbanizable de Bocamaos a modificación é mínima e a perda, suposta, de valor é insignificante. No caso de Bosende elimínase o urbanizable por que a Xunta obligoua eliminar esta calificación. Para BNG esto non é suficiente por que hai moitos máis urbanizables no concello que son os que definen ese modelo expansionista. No caso de Fixós redúcese a súa dimensión pero manténse a súa capacidade residencial. Ademais segunda Paz Abraira mantense a dúbida sobre a ética de determinadas actuacións con referencia ao PXOM por que non existe un tratamento igualitario a distintas zonas do concello, a pesar de que o PP abalou esa desigualdade dende a Xunta.