C. FERREIRO: O CONCELLO TEN QUE LIDERAR INICIATIVAS QUE PROTEXAN AOS SECTORES MAIS VULNERABLES"
A edil nacionalista amosou a súa preocupación pola falta de xestión e liderazgo do Concello de Lugo en todo o que ten que ver cos servizos sociais
Os servizos sociais do Concello están saturados e é preciso contratar mais persoal de apoio dixo Cristina Ferreiro
Lugo, 29 de xullo de 2014. A concelleira do BNG no Concello de Lugo, Cristina Ferreiro, amosou a súa preocupación pola falta de liderazgo do Concello de Lugo na xestión dos servizos sociais municipais. Dende o BNG, lembrou a concelleira, levamos reclamando que o Concello realice estudos propios e programación consecuente cos resultados dos mesmos sobre os novos perfís de usuarios dos servizos sociais municipais. O Concello conta con grandes profesionais, pero a xestión política do servizo é mais parte do problema que da solución dixo a nacionalista. Ferreiro valorou o sobreesforzo que está a realizar o persoal que actualmente traballa nos servizos sociais do Concello pero que non é quen de atender a demanda crecente e variada
Segundo explicou a edil nacionalista o goberno municipal non fixo nada para estudar o perfil dos novos demandantes da emerxencia social que están a acudir aos servizos sociais municipais. Cristina Ferreiro dixo que o BNG leva máis de dous anos reclamando que se analice cal é o novo perfil dos usuarios dos servizos sociais que, con motivo da crise, precisan da atención destes servizos municipais. compre coñecer o perfil destes novos demandantes para tomar as medidas necesarias e dar resposta as súas necesidades engadiu Cristina Ferreiro.
A nacionalista esixiulle ao Concello unha actitude activa fronte á Xunta de Galiza e os retrasos que durante estes anos están a sufrir os solicitantes da Renda de Integración Social de Galiza. Cristina Ferreiro lembrou que o pasado 10 de xuño o Parlamento de Galiza aprobou unha moción do BNG no que a Xunta se comprometía a axilizar estas tramitacións. Está o Concello facendo seguimento dos casos que afectan aos nosos veciños?
Remanentes e preguntas sobre novas contratacións
O BNG afeou ao PSOE e ao PP que no seu pacto para o gasto de remanentes do Concello de Lugo priorizaran o gasto en obras, deixando de lado o fortalecemento do sistema de protección social. No ano 2013, e grazas ao BNG, a partida destinada a atender a emerxencia social incrementouse de xeito significativo pasando de 150.000 a 300.000 .
Asemade lembrou que o ano pasado, en xuño de 2013, o Pleno municipal aprobou unha proposta do BNG para contratar traballadoras sociais de apoio para uns servizos sociais saturados. No 2013 fixéronse só 2 contratacións e a 1 de outubro, catro meses despois de aprobarse no Pleno, e remataron o 1 de marzo de 2014. Para o BNG, e así o demostra a continua saturación do servizo, foron claramente insuficientes. Temos constancia que este ano contratouse a unha traballadora social de apoio, considera o Concello que é suficiente? Aos cidadáns usuarios de servizos sociais dende logo que non dixo Cristina Ferreira
Cristina Ferreiro preguntouse se o BNG vai ter que levar ao Pleno de novo este ano a mesma iniciativa, xa que a actitude da Concellería de Benestar é dun pasotismo tremendo. Os socialistas son moito mais sensibles ás presión dos construtores que á que poidan exercer os usuarios dos servizos sociais, é dicir, os nosos veciños e veciñas en situación de risco de exclusión social. A concelleira nacionalista rexistrou hoxe unha serie de preguntas para a Comisión de Benestar sobre as previsións de novas contratacións do Concello para acadar un funcionamento correcto neste servizo prioritario para moitos e moitas lucenses.
Bolsa de alugueiro municipal e comedores escolares
O Concello de Lugo conta cun programa municipal de alugueiro. Tanto na negociación dos orzamentos como nos remanentes do 2013 o BNG presionou para que se aprobara, e así se fixo, un incremento da cantidade prevista para este programa. Nos propuxemos tamén que se adaptaran as bases ás novas circunstancias sociais, que deixaran programar ás traballadoras sociais, pero o inmobilismo e a incapacidade do Concello é manifesta.
Visto os antecedentes na xestións de todo o que ten que ver coa protección social Ferreiro instou ao Goberno municipal a non durmirse e traballar na proposta aprobada para a creación de bolsas sociais nos comedores escolares para o vindeiro curso académico.