O QUE FAI O PP COA SANIDADE É UNHA CUESTIÓN IDEOLÓXICA AFIRMOU RUBÉN ARROXO
O candidato do BNG Asambleas Abertas acusou ao PP de crear unha sanidade privada para ricos e deixar ao resto da xente a expensas da beneficencia
A candidatura do BNG Asambleas Abertas instalou un hospital de campaña para dar a coñecer as súas propostas en materia sanitaria
Lugo, 15 de maio 2015. Rubén Arroxo e outras persoas da candidatura, vencelladas á rama sanistaria, instalaron un hospital de campaña na rúa Bispo Aguirre para dar coñecer as súas propostas en materia sanitaria. Arroxo dixo que o concello debe liderar a loita para que as administracións con competencias en sanidade cumpran coa veciñanza de Lugo. O candidato do BNG Asambleas Abertas lembrou como foi o concello de Riotorto, gobernado polo BNG, quen lle plantou cara ao repago dos medicamentos imposto polo partido popular.
Rubén Arroxo indicou que a Xunta ten abandoado o edficio da antiga residencia e nos reclamamos un Punto de Atención Continua (PAC), un centro de saúde e un Hospital Residencia para maiores. O que fai o PP coa sanidade é unha cuestión ideolóxica afirmou Rubén Arroxo que explicou que a Lugo négaselle un servizo de radioterapia por que se está trasladando á xente a facela á Coruña a un centro privado.
A candidatura do BNG Asambleas Abertas manifestou a súa adhesión a todo o movemento social que se está a dar no concello de Lugo para reclamar os servizos de hemodinàmica as 24 horas, radioterapia e medicina nuclear. E Rubén Arroxo aproveitou para sinalar que non se pode consentir o peche de camas en determinadas épocas do ano sò por criterios economicistas., camas pechadas que, por certo, se suman as xa pechadas todo o ano.
Arroxo dixo que compre esixir a fin da cronificación das listas de espera na atención especializada e, dende hai uns anos, tamén na atención primaria. Tanto no eido asistencial como nas probas diagnósticas. Ademais temos que opoñernos ao intento de implantar a Xestiòn Clinica en servizos, unidades e centros de saúde. Trátase dun método autoprivatizador e de facer cómplices aos traballador@s dunha atención a saúde mercantilista.