ARROXO APOIARÁ A CREACIÓN DE EMPREGO EN ÁREAS EMERXENTES PARA FREAR A EMIGRACIÓN DA MOCIDADE

ARROXO APOIARÁ A CREACIÓN DE EMPREGO EN ÁREAS EMERXENTES PARA FREAR A EMIGRACIÓN DA MOCIDADE

IMG_0625 Rubén Arroxo lembrou que 120.000 menores de 35 anos “marcharon de Galiza a buscar traballo polo mundo”

Un grupo de candidatos e candidatas do BNG-Asambleas Abertas  mantiveron un encontro con emigrantes retornados que viviron este mesmo éxodo na súa xuventude

Lugo, 17 de maio 2015. Apoiar a creación de emprego en áreas emerxentes será unha das apostas do BNG – Asambleas Abertas para frear a emigración da mocidade. Rubén Arroxo e outros candidatos e candidatas do BNG – Asambleas Abertas mantiveron un encontro cun grupo de emigrantes retornados que viviron, na súa xuventude, a mesma situación de éxodo que 120.000 mozos e mozas galegas están a sufrir na actualidade.

Rubén Arroxo sinalou que “as políticas en materia do promoción de emprego teñen que mudar por que a situación socio-económica é totalmente diferente” e engadiu que “existen novos xacementos de emprego que hai que potenciar para que a xente nova non teña que marchar”. Arroxo dixo que “o medio rural ten moitas posibilidades dentro e fora do sector agrogandeiro e existen outros sectores que se poden potenciar dende o propio concello”.

Para o BNG – Asambleas Abertas “ hai que apostar, tamén, por facilitar a creación dunha economía social que, mediante o estímulo da oferta e a demanda, resolva as necesidades sociais dos sectores máis débiles e xerar desde os gobernos demanda ante os novos retos da economía sostible”. Arroxo sinalou que “primar as políticas activas de formación, información, colocación e acompañamento á persoa desempregada, antes que as políticas pasivas de subsidio ao parado/a e, tamén, en facilitar a ocupación nos novos xacementos de emprego”.IMG_0621

Rubén Arroxo exemplificou a existencia destes novos xacementos de emprego como as novas ocupacións relacionadas coa axuda a mozas con dificultades  na educación ou polo seu risco de exclusión social, e todos os servizos de mediación e asesoría na resolución de conflitos familiares, escolares, laborais, coa xustiza ou a administración. “Ninguén está mirando para estas posibilidade e esto fará que Lugo funcione a nivel de emprego” afirmou Arroxo.

ARROXO APOIARÁ A CREACIÓN DE EMPREGO EN ÁREAS EMERXENTES PARA FREAR A EMIGRACIÓN DA MOCIDADE