creación
Novas

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta a creación do Gran Parque Central de Lugo

Arroxo: "Este parque transformará a cidade, dando un aproveitamento real ao espazo da actual Estación de Autobuses unha vez entre en funcionamento a nova estación intermodal"

Rubén Arroxo e Antón Bao presentaron a campaña coa que o BNG sairá á rúa a compartir a súa proposta para este espazo

O portavoz do BNG destacou que esta proposta permitiría crear "un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere"

Ler novas
Novas

O BNG de Castro de Rei conseguiu a aprobación dunha moción para a creación dun plan de igualdade no concello

Esta moción pedía a elaboración dun plan de igualdade municipal para establecer competencias, obxectivos a conseguir, medidas e actuacións municipais programadas en materia de igualdade no concello de Castro de Rei

Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei: "Coa aprobación da  creación deste plan pódense desenvolver no concello actuacións que nos leven a conseguir unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria"

 

Ler novas