IRIA BUIDE E MAITE FERREIRO VISITARON AO ARTISTA RUBÉN PAZ DURANTE A CREACIÓN DA OBRA, XUNTO CON MEMBROS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DO BARRIO

A Tenencia de Alcaldía impulsa en Recatelo a creación dun mural en homenaxe a Rosalía de Castro, xa en proceso de elaboración

Iria Buide e Maite Ferreiro visitaron ao artista Rubén Paz durante a creación da obra, xunto con membros da asociación veciñal do barrio

Ferreiro: "Proxectos coma este consolidan a aposta pola cultura como motor de dinamización social, ao tempo que embelecen a cidade"

 

A Tenencia de Alcaldía impulsa en Recatelo a creación dun mural en homenaxe a Rosalía de Castro, xa en proceso de elaboración


 

Lugo, 19 de setembro de 2025. O barrio de Recatelo será o escenario dunha nova intervención artística, nesta ocasión cun mural dedicado a Rosalía de Castro. A obra está actualmente en proceso de elaboración da man do muralista Rubén Paz, quen recibiu a visita das concelleiras Iria Buide e Maite Ferreiro, acompañadas tamén por membros da asociación veciñal do barrio, mentres avanzaba no seu traballo.

Durante a visita, as representantes municipais e da asociación destacaron a importancia de levar a arte ás rúas como ferramenta de transformación urbana e de reforzo da identidade cultural. Ademais, subliñaron que esta iniciativa súmase ao conxunto de actuacións desenvolvidas nos últimos anos en Recatelo, que converteron o barrio nun espazo máis humano, sostible e aberto á participación cidadá.

"Proxectos coma este consolidan a aposta pola cultura como motor de dinamización social, ao tempo que embelecen a cidade e manteñen vivo o legado das nosas figuras máis representativas", sinalou Maite Ferreiro.

A nova intervención reforza o carácter estratéxico de Recatelo, que conecta o casco histórico co Parque de Rosalía de Castro, consolidándoo como un espazo de encontro, paso e lecer para a veciñanza e visitantes.

 
A Tenencia de Alcaldía impulsa en Recatelo a creación dun mural en homenaxe a Rosalía de Castro, xa en proceso de elaboración